V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS
O pasado sábado 20 de outubro as profes Eli, Noe, Patri e Sara participaron na V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS, na que camiñaron 8kms terroríficos polos montes de Parderrubias e recibiron algún que outro susto no camiño, de iso se trataba.
Ao rematar, repuxeron forzas cun chocolate quentiño e chouripan!