DEPORTE ESCOLAR.
Xornada de Atletismo en pista
A Macoca ( Pazos de Reis)
Curso 18-19
Luns día 26 de Marzo de 2018
O pasado luns día 26 de Marzo de 2018, tivo lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de Atletismo en pista, que se levou a cabo de 10:00h a 13:30h e os cursos participantes foron 5ºA,5ºB e 5ºC.
Esta actividade estivo organizada pola Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, o Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis e o Club Atletismo Tui, que organizou esta proba de Atletismo en Pista para o alumnado de 5º de Primaria do Concello de Tui. Os centros educativos participantes foron Cep de Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, CPR Sta María Maristas, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Nº1 de Tui e Ceip de Randufe, cun número aproximado de participantes entorno aos 200 neno/as. As probas que se levaron a cabo foron 60m lisos, 500m lisos, Relevos 4x100m, Lanzamento de peso, Lanzamento de Vortex e Salto de Lonxitude. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o alumnado de 5º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto co Atletismo en pista, nun marco incomparable como son as pistas da Amacoca.
Aquí vos deixamos algúns momentos de dita xornada, na que todos disfrutamos moito.
Queremos darlle as gracias, a todas as entidades que fixeron posible a realización de dita xornada e especialmente a Alfonso o presidente da Agrupación e Director do Colexio Pedro Caselles de Tomiño, que estivo con nós toda a mañá.
Pinchade aquí para ver a clasificación por colexios. Atoparedes máis información en Agrudebam.