JAVIER FERNÁNDEZ BRONCE OLÍMPICO DE PATINAXE ARTÍSTICA

JAVIER FERNÁNDEZ BRONCE OLÍMPICO

DE PATINAXE ARTÍSTÍCA

 Este sábado tivemos que madrugar para poder comprobar como Javier Fernández acadaba a cima da súa carreira conseguindo por primeira vez na historia española deste deporte unha medalla olímpica.

Despois de gañar ata en seis ocasións o campionato europeo, dúas o mundial e quedarse nun satisfactorio 4º posto nos anteriores Xogos Olímpicos, esta vez si conseguiu a súa ansiada medalla.

 

Parabéns Campión! Grazas por levar a este deporte tan lonxe!