Manuel Garrido Medalla ao mérito do Comité Olímpico Español.

Manuel Garrido Medalla ao mérito do

Comité Olímpico Español

O tudense Manu Garrido, canoísta do Kayak Tudense, recibiu a pasada fin de semana do 28 de xaneiro de 2018 a medalla do Comité Olímpico Español pola sua gran traxectoria deportiva.

A entrega tivo lugar en Madrid durante a gala da Federación Española de Piraguismo.

Manu cun gran palmarés deportivo, acadando na pasada temporada o subcampionato do mundo en Sudafrica e foi terceiro de Europa na especialidade de maratón.


Manu ademáis de un gran deportista e unha gran persoa, cuns valores entrañables, ao que o noso cole lle ten que agradecer a súa disposición para achegarse aos nosos alumnos cada vez que llo pedimos.Noraboa Manu!!

Gracias por levar a Tui polo mundo enteiro e gracias por aportarnos aos nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui tantos valores.

Podedes atopar máis información na súa web: http://manugarrido.es ou aquí