V GALA DO DEPORTE DE TUI
Recoñecer o traballo dos deportistas, clubs, directivos.. no deporte local é o obxectivo da V Gala do Deporte Tudense que se celebrará este Venres, 25 de novembro, ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui.
Será un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense. Amais da entrega dos galardóns de 2016 aos deportistas promesas, veteranos, e seniors nas categorías masculina e feminina tamén se premiará a clubs, adestradores, deportistas históricos e colaboradores. Tamén está prevista a actuación do grupo Pelepau e Matissando.
A gala contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, e doutras autoridades.
Unha hora antes na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a exposición itinerante Olímpicos Pontevedreses organizada pola Deputación de Pontevedra e que na que figuran os dous tudenses que participaron este ano nos Xogos de Río: Óscar Carrera e Frank Casañas.