I xornadas técnicas de fútbol sala
Esta fin de semana, 7-8 de Outubro o Baixo Miño Randufe Futsal, en colaboración co Concello de Tui, a Comunidade de Montes de Randufe e o CEIP Randufe, organiza as primeiras xornadas técnicas de fútbol sala, no pavillón deportivo do CEIP de Randufe.
Estas xornadas, que teñen carácter gratuíto, están dirixidas a xogadores/as de categoría cadete e infantil de fútbol sala. Nas mesmas contarase con adestradores de alto nivel e traballarase distintos aspectos desta modalidade deportiva: técnicos, tácticos, psicolóxicos, etc.
O programa está dividido en dúas xornadas:
-
Venres 7
-
Sábado 8
-
Ás 10.00 horas – Futsal en inglés: aprender xogando – Diego Rubianes (Academia Concorde de Vigo)
-
Ás 11.30 horas – Exercicios para a conservación do balón – Santiago Rodríguez (adestrador nivel III)
-
Ás 12.15 horas – Adestramento de dualidades – Alfonso Fernández (adestrador titulado)
Os interesados poden acadar máis información e inscribirse a través do Baixo Miño Randufe Futsal, no número de teléfono 777.393.182 ou do enderezo electrónico randufefs@gmail.com.