SELECCION BALONMÁN FEMENINA

Partido da Selección Española Feminina de Balonmán

España –Austria

en Santiago de Compostela

 

O vindeiro Mércores, día 7 de Outubro a Selección Feminina de Balonmán xogará en Santiago de Compostela o seu partido contra a Selección de Austria. Este partido pertence a fase de Clasificación para o Campeonato de Europa 2016.

España xogará contra Austria, no pavillón Multiusos Fonte do Sar, ás 22.45h e as entradas para o partido terán un custo de 5 euros.

O partido tamén será televisado por teledeporte. Animádevos a disfrutar coas Guerreiras e a súa clasificación.