Meteoescolas- Curso 2022/23

Plan proxecta- Meteoescolas Curso 2022/23

Estudo da correlación entre variables meteorolóxicas

Presentamos outro traballiño do Proxecto Meteoescolas. Cos datos recollidos na nosa estación meteorolóxica, o alumnado de 1º Bacharelato B estudou a correlación entre chuvia e temperatura (nalgúns meses máxima e noutros mínima). Para iso usaron o programa Geogebra co que representaron as nubes de puntos por mes e debuxaron as rectas de regresión. Neste vídeo recollemos algúns exemplos.

 

Meteoescolas - Timelapse

 

Dentro do Proxecto Meteoescolas 2022-23, presentamos o Timelapse realizado pola alumna de 1º Bacharelato B, Lidia Bastos, coas fotos diarias que Elva Collazo facía ás 10:10 desde a Aula de 1º Bacharelato A. Parabéns e agrademento ás dúas polo traballo realizado. 

 

Meteoescolas - Anemoscopio no IES de Chapela

   

O IES de Chapela xa conta cun anemoscopio ou manga de vento por participar no Proxecta Meteoescolas. Este aparello  serve  para indicar a dirección e a forza do vento. É especialmente útil en autoestradas pois o seu nivel de inchado e a inclinación do cono dan unha idea de aproximación  de velocidade do  vento: o cono vertical indica pouco vento, o cono cunha inclinación de 45° respecto á horizontal indica xa vento considerable, e o cono horizontal indica vento forte.

 

Vendo a foto, que vento vai hoxe no IES?

Meteoescolas 22-23

 

Durante o curso 21-22 o IES de Chapela participou no Proxecta Meteoescolas, realizando diferentes actividades nas aulas, entre elas a construción dunha caseta de madeira para gardar unha estación meteorolóxica situada no aparcadoiro. Este ano presentamos outro proxecto interdisciplinar moi atraente e estamos á espera da resolución para poñelo en marcha. Mentres, xa está en marcha a medición diaria de temperatura e pluviosidade no centro por parte do alumnado de 1º ESO no primeiro recreo, a introdución dos datos en Meteogalicia e a exposición dos datos no Calendario Metereolóxico situado no vestíbulo de entrada. O noso agradecemento ao profesorado e alumnado implicado.

Meteoescolas no IES de Chapela 21-22

O venres 8 de Abril na Sala de Conferencias tivo lugar a presentación oficial do Plan Proxecta Meteoescolas, nunha actividade interdisciplinar de exposición preparada polo alumnado de 2° Bacharelato , 3° e 4° ESO, dos traballos de Arte, TIC, Cultura Clásica , Latín , Física e Química e Matemáticas . Contou como público co alumnado de 1° e 2° ESO e foi organizado en tres sesións.

Cabe recordar que a final de curso esta presentación farase ao revés, será o alumnado de 1° e 2° o que expoña os traballos realizados neste proxecto ás compañeiras e compañeiros de cursos superiores.

Agradecemos a participación e o gran traballo do alumnado que expuxo e a atención e interese do público, facendo desta xornada unha oportunidade de formación e interacción  entre todos os grupos.   

Distribuir contido