|
|
|
|
|
|
|
|
O IES de Chapela xa conta cun anemoscopio ou manga de vento por participar no Proxecta Meteoescolas. Este aparello serve para indicar a dirección e a forza do vento. É especialmente útil en autoestradas pois o seu nivel de inchado e a inclinación do cono dan unha idea de aproximación de velocidade do vento: o cono vertical indica pouco vento, o cono cunha inclinación de 45° respecto á horizontal indica xa vento considerable, e o cono horizontal indica vento forte.
Vendo a foto, que vento vai hoxe no IES?
|
|
|
|
|
|
|
|