O venres 8 de Abril na Sala de Conferencias tivo lugar a presentación oficial do Plan Proxecta Meteoescolas, nunha actividade interdisciplinar de exposición preparada polo alumnado de 2° Bacharelato , 3° e 4° ESO, dos traballos de Arte, TIC, Cultura Clásica , Latín , Física e Química e Matemáticas . Contou como público co alumnado de 1° e 2° ESO e foi organizado en tres sesións.
Cabe recordar que a final de curso esta presentación farase ao revés, será o alumnado de 1° e 2° o que expoña os traballos realizados neste proxecto ás compañeiras e compañeiros de cursos superiores.
Agradecemos a participación e o gran traballo do alumnado que expuxo e a atención e interese do público, facendo desta xornada unha oportunidade de formación e interacciónentre todos os grupos.