Creacións |
|
|||
A nosa alumna Noelia Lago (4º ESO B) recorda o seu paso polo Maratón das Letras durante estes anos, e lembra a figura do escritor homenaxeado en 2020, Ricardo Carvalho Calero. Grazas Noelia polo teu traballo.
|
|||
A Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+, na que participa o IES de Chapela, realiza este vídeo dedicado a todo o noso alumnado LGTBIQ+. Todo nun día 17 de maio no que celebramos e defendemos tanto o respecto pola nosa identidade galega como pola diversidade.
|
|||
A escola pública de Chapela chama a toda a comunidade educativa á mobilización pola nosa lingua o día 15 de maio. Sae coa camiseta do maratón de anos anteriores, saca unha foto, súbea ás túas redes e enviánola ao IES de Chapela. Información. Para ir abrindo boca aquí deixamos os vídeos de Olga, vicedirectora do IES de Chapela, o do CEIP Alexandre Bóveda, e o de Nuria, profesora de Educación Física no IES de Chapela.
|
|||
|
|||
Vídeo feito desde o confinamento nas casas para celebrar o Día do Libro. Todas as fotos foron realizadas pola comunidade educativa do IES de Chapela.
|
|||
|
|||
A que fora profesor de galego no IES de Chapela hai dous cursos, Olga Nogueira, convídanos a escoitar o tema Fomos namorare do grupo As efémeras. Estes seis redondeláns que forman As efémeras íanse presentar ao vivo esta fin de semana. Xa non vai poder ser. Mais desde o confinamento nos mandan esta canción con letras apegadas á terra, música para cantar e bailar, sons para que sigamos mantendo acesa a chama do amor aínda que as circunstancias nos separen ou nolo compliquen. Grazas Olga por este agasallo!
|
|||
O último traballo audiovisual do IES de Chapela. Boas vacacións de Semana Santa. Saúde, afouteza e resistencia!
|
|||
|
||||