2018-2019
SAÍDA A SÁLVORA
O VENRES 31 DE MAIO AS ESCOLAS DO CRA DESPRAZÁRONSE A SÁLVORA PARA REALIZAR UN ROTEIRO DIDÁCTICO POR ESTA ILLA QUE FORMA PARTE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
PODES CONSULTAR INFORMACIÓN SOBRE O ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA NESTE ENLACE
- APIs de Blogue
EN DEFENSA DA BIODIVERSIDADE
A UNESCO VEN DE DENUNCIAR RECENTEMENTE A PREOCUPANTE SITUACIÓN DA BIOVIVERSIDADE MUNDIAL, AFECTADA POR UN ACELERADO PROCESO DE EXTINCIÓN DE ESPECIES . A DESTRUCIÓN DOS HÁBITATS, A INTRODUCIÓN DE INVASORAS E OS MONOCULTIVOS SON RESPONSABLES DIRECTAS DESTE GRAVE PROBLEMA.
EN GALICIA, A GRAN MAIORÍA DE ESPECIES AMEAZADAS NON CONTA CUN PLAN DE PROTECCIÓN.
NO DÍA MUNDIAL DA BIODIVERSIDADE COMPARTIMOS UN ARTIGO DE MANUEL REY PARA GCIENCIA
- APIs de Blogue
CARREIRA DAS LETRAS
n
A TRADICIONAL CARREIRA DAS LETRAS QUE A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA VIÑA CELEBRANDO NO ESPAZO RECREATIVO DE CAMPO MANEIRO TRASLADOUSE NESTE CURSO 2018-2019 AO CENTRO DA VILA DE RIANXO.
O DEPORTE, A RECOMENDACIÓN LECTORA, A LEMBRANZA Á FIGURA DE ANTÓN FRAGUAS, A MÚSICA E A DEGUSTACIÓN DE PRATOS E DOCES CASEIROS COMPARTIRON PROTAGONISMO TAMÉN COA DENUNCIA PÚBLICA Á AGRESIÓN SUFRIDA POLA PLANTACIÓN DE CADUCIFOLIAS QUE O CRA TIÑA REALIZADO NO MES DE FEBREIRO NO MONTE DO PLEITO, TARAGOÑA.
- APIs de Blogue
LIX RIANXO
OS DÍAS 14 E 16 DE MAIO O ALUMNADO DO CRA DE RIANXO PARTICIPOU EN ACTIVIDADES PROGRAMADAS DENTRO DA SEMANA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE RIANXO.
CONSULTA AQUÍ A PROGRAMACCIÓN DE LIX RIANXO
- APIs de Blogue
AGRESIÓN Á PLANTACIÓN DO PLEITO
O CRA DE RIANXO E O COLECTIVO "FOUSAS AO MONTE " VEÑEN DE DENUNCIAR A CORTA SUFRIDA POLA MEIRANDE PARTE DAS ÁRBORES PLANTADAS POLA NOSA COMUNIDADE ESCOLAR O PASADO MES DE FEBREIRO NO MONTE DO PLEITO, TARAGOÑA.
A NOSA REPULSA A ESTA AGRESIÓN CONTRA O PATRIMONIO NATURAL É ROTUNDA, COMO TAMÉN O É A NOSA DETERMINACIÓN DE CONTINUAR DEFENDENDO PARA AS NOSAS CRIANZAS UN FUTURO EN HARMONÍA COA NATUREZA.
ver a nova en
- APIs de Blogue
H,AMSTER RUSO
ESTE HÁMSTER E A MASCOTA DE DIEGO.
E UN HÁMSTER RUSO.
E UN MAMÍFERO QUE NACE DESPOIS DE 18 DÍAS DE XESTACIÓN
AS CRIAS CARECEN DE PELO E TEÑEN AS ORELLAS E OS OLLOS PECHADOS
MAMAN DURANTE UNS DÍAS E DESPOIS XA COMEZAN A ALIMENTARSE CON SEMENTES
OU ALGÚN INSECTO.
SON MÁIS ACTIVOS EN HORAS NOCTURNAS PERMANECENDO DORMIDOS
DURANTE BOA PARTE DO DÍA.
VIVEN ENTRE UN ANO E MEDIO OU DOUS ANOS
- APIs de Blogue
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2010
EN CUMPRIMENTO DA DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA DA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 QUE REGULA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVA MATRÍCULA NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, O CRA DE RIANXO TEN PUBLICADO NOS SEUS ESPAZOS FÍSICOS DE EXPOSICIÓN, ASÍ COMO NESTA SÚA PÁXINA WEB, A LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019-2010.
PARA VER A LISTAXE PREMEDE AQUÍ.
- APIs de Blogue
"E ti, só ti"
Aquí podedes ver o vídeo que realizamos na sesión de música as nenas e os nenos do C.R.A. coa canción "E ti, só ti" do grupo El Diluvi na versión que fixo Sés.
Nel amosamos como as nenas e os nenos realizan os mesmos traballos sen ser discriminados polo seu sexo. Ademáis, facémolo da maneira que máis nos gusta...
cantando e bailando!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »