2018-2019

Documentación do centro xerada no curso 2018-2019

DRAGÓN DA PAZ

HAI MOITO TEMPO, OS HABITANTES DOS POBOS DA CHINA, QUE VIVÍAN BAIXO A PROTECCIÓN DE DIFERENTES ANIMAIS, PELEXABAN TAMÉN NO SEU NOME.
AS CRIANZAS, PARA ACABAR COAS GUERRAS ENTRE AS TRIBOS, TOMARON O CORPO DA ASTUTA SERPE, AS ESCAMAS DO ESCINTILANTE PEIXE, A CABEZA DO VELOZ CABALO, OS CORNOS DO FORTE BÚFALO E AS PATAS DO PAXARO LIBRE, E
CREARON O DRAGÓN .
E A PARTIR DO SEU NACEMENTO,  O DRAGÓN FOI RECOÑECIDO EN ASIA COMO O SÍMBOLO DA PAZ.

     
     
     
     

" O nacemento do dragón"
Ed. Kalandraka

LEÓNS CON MELENA

MOITO GOSTAMOS DAS GRANDES  E PELUDAS MELENAS DOS LEÓNS.
E MOITO APRENDEMOS DELAS!

OS LEÓNS SON OS ÚNICOS FELINOS QUE TEÑEN MELENA E SÁBENA EMPREGAR MOI BEN: CON ELA APARENTAN SER MÁIS GRANDES E ASÍ PODEN IMPRESIONAR A MACHOS E FEMIAS.
CON ELA PROTEXEN  A CABEZA, O PEITO E PARTE DAS COSTAS DOS ZARPAZOS OU MORDEDURAS QUE POIDAN RECIBIR.

PERO, NESTAS GUEDELLAS FELINAS TAMÉN HAI DIVERSIDADE : NA SÚA ADAPTACIÓN AO HÁBITAT OS LEÓNS MACHO DE KENIA DEIXARON DE TER MELENA E OS ÚNICOS LEÓNS QUE AÍNDA VIVEN EN ÁSIA, NOS BOSQUES DA INDIA, TÉÑENA PERO MOI CURTA.

E SI, TÉÑENSE OBSERVADO ALGUNHAS LEONAS DE FERMOSAS MELENAS.

OLLOS COMPOSTOS

EN TODOS OS INSECTOS QUE OBSERVAMOS NA ESCOLA APRECIAMOS DOUS GRANDES OLLOS.
EN REALIDADE, CADA UN DESES ENORMES OLLOS É UN OLLO COMPOSTO, FORMADO POR CENTOS DE OLLOS PEQUERRECHOS COLOCADOS COMO AS CELAS DUN PANAL DE ABELLAS


SE USAMOS O VISOR "OLLO DE MOSCA" QUE TEMOS NA ESCOLA TAMÉN NÓS SEMELLAMOS ANIMAIS DE OLLOS COMPOSTOS.
SERÁ ASÍ  COMO VEN OS INSECTOS?

     
     

FINAL

ACUARIO

ANTES DE DAR PASO AOS MÚSICOS QUE INTERPRETAN O FINAL DE "O CARNAVAL DOS ANIMAIS",  ESCOITAMOS O "ACUARIO" COS SEUS PEIXES, ANÉMONAS E AUGAMARES 

INTRODUCIÓN E MARCHA REAL DO LEÓN

E VEALÍ QUE DESPOIS DE ATREVERNOS A POÑERLLE LETRA Á MARCHA DO LEÓN DE CAMILLE SAINT-SAËNS, ADULTOS E CRIANZAS SUBIMOS AO ESCENARIO DO AUDITORIO DE RIANXO PARA COMPARTILA COA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA

O CARNAVAL DOS ANIMAIS

O COMPOSITOR FRANCÉS CAMILLE SAINT-SAËNS ESCRIBIU HAI MÁIS DE 100 ANOS O CARNAVAL DOS ANIMAIS COMO UN DIVERTIMENTO PARA UN DÍA DE ENTROIDO.

LEÓNS, GALIÑAS, TARTARUGAS, CANGUROS, PEIXES E OUTROS ANIMAIS XORDEN DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS...

 

APARECEU A BICI

ÁS 9, CANDO CHEGOU Á ESCOLA, ÁLEX CONTOUNOS QUE SOÑARA QUE APARECERA A BICI. E QUE NEVABA...

ÁS 10 ABRIMOS UN GRANDE PAQUETE ENVOLTO EN FOLLAS DE XORNAL. DENTRO ESTABA A BICI DE ROI. E SENTIMOS TANTA ALEGRÍA COMO SE UNHA NEVE AMOROSA ESTIVERA A CAER POR RIBA NÓSA.

Quero que todos montedes na bici

A BICI DE MADEIRA DE ROI

A POMBIÑA DE ROI TROUXO O RECORDO DUN AGASALLO ESPECIAL DESAPARECIDO.
NA ESCOLA PREGUNTÁMONOS QUE LLE TERÍA PASADO A ESA BICI DE MADEIRA QUE LLE FIXERA  CHEGAR O SEU PAI DENDE SUÍZA.  E, AÍNDA SABENDO QUE NA VIDA DE ROI TER OU NON UN XOGUETE NON ERA REALMENTE IMPORTANTE, QUIXEMOS AXUDARLLE A INTENTAR RECUPEPAR ESA BICICLETA QUE CHEGARA A RIANXO EQUIPADA CUN GRANDE VALOR EMOCIONAL
.

 

 

 

 

MOITAS FORON AS PERSOAS QUE AXUDARON A DIFUNDIR A NOSA BÚSQUEDA E MESMO CHEGOU A SER NOVA DE INTERESE PARA UN XORNAL

 Búscase bici de madeira perdida; razón, escola de Campo de Pazos

POMBIÑAS DA MEMORIA

OS RECORDOS SON COMO POMBAS BRANCAS QUE ANIÑAN NA NOSA MEMORIA.
DÍO TOÑO NUÑEZ, E NÓS DÁMOSLLE CRETO.

 DO POMBAL ONDE ANIÑAN OS NOSOS RECORDOS QUIXEMOS DEIXAR VOAR ALGUNHAS POMBIÑAS...

MOITO GOSTAMOS DELAS ! PERO UNHA, A POMBA DE ROI, EXCITOU O NOSO INTERESE...

Distribuir contido