2018-2019
Becas libros
BECAS LIBROS DE TEXTO -LISTAXE PROVISIONAL
No enlace pode consultarse a listaxe provisional de alumnas e alumnos incluidos e excluidos na concesión de axudas par a adquisición de libros de texto.
RECLAMACIÓN Á LISTAXE
Dase un prazo de 3 días dende venres 5 de xullo ata martes 9 de xullo, ambos incluidos para realizar reclamacións.
As reclamacións presentaránse na sede do centro entre as 11:00 e as 14:00.
RECOLLIDA DE VALES
As familias que teñan concedida a axuda, poden recoller oo vales dende o luns 8 de xullo, ata o xoves 11 de xullo, en horario de 11:00 a 14:00.
Para aclaracións chamar neste horario ao teléfono do centro 981 863305
O equipo directivo
Rianxo a 3 de xullo de 2019
- APIs de Blogue
Libros de texto curso 2019-20
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO
CURSO 2019-20
EDUCACIÓN PRIMARIA
EDUCACIÓN INFANTIL
Na etapa de Ed. Infantil non haberá libros de texto.
En Rianxo a 3 de xullo de 2019
O Equipo directivo.
- APIs de Blogue
PATIAMARELAS DE SÁLVORA
NA ILLA DE SÁLVORA VIVEN CERCA DE 6000 PARELLAS REPRODUTORAS DE GAIVOTA PATIAMARELA.
A SÚA ÉPOCA DE CRÍA VAI DENDE ABRIL A PRIMEIROS DE AGOSTO. HABITUALMENTE POÑEN 2 OU 3 OVOS EN NIÑOS QUE FAN NO CHAN. O MACHO E A FEMIA INTERCÁMBIANSE PARA CHOCAR OS OVOS E ALIMENTAR ÁS CRIAS.
NA VISITA A SÁLVORA TEMOS QUE LEMBRAR QUE ESE É O SEU MEDIO, O SEU ECOSISTEMA E HÁBITAT.
E RESPECTALAS SEMPRE, PERO MÁIS AÍNDA NO PERÍODO DE REPRODUCIÓN, CANDO DEFENDEN CON CELO AS SÚAS CRÍAS.
- APIs de Blogue
DE PASEO
UN BICHIÑO PEQUERRECHIÑO PASEA POLA FOLLA DA PLANTA DOS CARTOS QUE OBSERVAMOS CO MICROSCOPIO DA AULA.
O PASEANTE É UN INSECTO, SERÁ UN PULGÓN?
- APIs de Blogue
AVES
AMANCIO VEU Á ESCOLA A EXPLICARNOS A PEQUES E MAIORES CARACTERÍSTICAS E CURIOSIDADES DAS AVES.
NUNCA VIÑERA A VERNOS PERO XA ERA O NOSO AMIGO PORQUE, ENTRE OUTRAS, COMPARTIRA CON NÓS AS IMAXES DO PARRULO MANDARÍN QUE A FINAIS DO INVERNO ANDABA A BAÑARSE POR RIANXO,
GRAZAS, AMANCIO !
- APIs de Blogue
FESTA DE FIN DE CURSO
O XOVES 20 DE XUÑO A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA DE RIANXO REUNIRASE NA ESCOLA DE CAPELA PARA FESTEXAR A SÚA DERRADEIRA REUNIÓN CONXUNTA DO CURSO 2018-2019.
XUNTO CO ESPECTÁCULO TEATRAL " CHOCOLATE" ESTÁN PROGRAMADOS OBRADOIROS DE CHOCOLATE, HERBAS DE SAN XOÁN, POMPAS DE XABÓN, CORES DA DIVERSIDADE E XOGOS POPULARES
- APIs de Blogue
Matricula curso 2019-20 e reunión informativa
Reunión informativa para familias de alumnos e alumnas de novo ingreso:
MARTES 18 DE XUÑO DE 2019, ÁS 17:00 NA SEDE DO C.R.A. EN ATALAIA - ASADOS
Matrícula:
DO 20 AO 30 DE XUÑO NA SEDE DO C.R.A. EN ATALAIA ASADOS
O Equipo Directivo
Rianxo a 14 de xuño de 2019
ANEXOS: SOLICITUDE MATRÍCULA --- CARTA ÁS FAMILIAS
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »