2018-2019

Documentación do centro xerada no curso 2018-2019

RAS

A SÚA VIDA INÍCIASE NA AUGA E ATA O FINAL DOS SEUS DÍAS NUNCA SE VAI ALONXAR DELA.
DURANTE UNHA MAÑÁ UNHA RA E UNHA POUCA AUGA DO SEU ESTANQUE VIÑERON Á ESCOLA E PUIDEMOS OBSERVALA DETIDAMENTE E CON COIDADO DE NON CAUSARLLE MÁIS MOLESTIAS.

A METAMORFOSE QUE SOFRE O SEU CORPO, A PECULIAR FORMA DE EMITIR OS SEUS CANTOS, A POTENCIA DOS SEUS SALTOS...  MOITO PUIDEMOS DESCUBRIR A PARTIR DA VISITA DESTA NOSA AMIGA !

 

 

RÍO TÉ

LONDRAS, TROITAS, MERLO E MERLO RIEIRO, RA, LAVANDEIRA,  MARTIÑO PEIXEIRO, LAGARTO DAS SILVEIRAS, RAPOSO E PORCOS BRAVOS.
COÑECEMOS A FAUNA DO RÍO TÉ NO SEU HÁBITAT 

ESTEIRO DO RÍO TÉ

GAIVOTAS PATIAMARELAS, GAIVOTAS CHORONAS, GARZOTA E GARZA REAL, MARTIÑO PEIXEIRO, MAZARICOS, CORVOS MARIÑOS, LAVANCOS MACHO E FEMIA E ATA UN PARRULO MANDARÍN FACENDO TURISMO NO ESTEIRO DO TÉ.

DESCUBRIMOS OS ANIMAIS NO SEU HÁBITAT.

FAMILIA

VELAÍ A GRAN FAMILIA DOS ANIMAIS, A NOSA FAMILIA DOS SERES VIVOS.

 

ANIMAIS COMA OS DEMAIS

O VENRES 21 DE DECEMBRO O CRA DE RIANXO CELEBROU O FESTIVAL DE NADAL 2018, DESTA VEZ BAIXO O NOME DE
"ANIMAIS COMA @S DEMAIS".

" A ORQUESTRA DOS ANIMAIS", " O PITÑO ", " O APALPADOR ", " O ENTROIDO DOS ANIMAIS ", " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER...", SON ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS DAS QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PUIDO GOZAR AO LONGO DA MAÑÁ.

OS DEREITOS DOS ANIMAIS

Declaración Universal dos Dereitos dos Animais,  redactada no ano 1978, establece os dereitos fundamentais que todos os animais, independentemente da súa especie, deben ter garantidos. Os 14 artículos que conforman esta Declaración Universal, poden sintetizarse en catro dereitos básicos: dereito á vida, á libertade, non ser sometidos a situacións que lles provoque dor, e non ser considerados como propiedade.

Cada 10 de decembro conmemórase o Día internacional dos dereitos dos animais co obxecto de divulgar e defender os seus dereitos.

O SEÑOR MAGO E A FOLLA

DANIEL CONVIDOU ÁS SÚAS AMIGAS E AMIGOS A PASAR A MAÑÁ DO DÍA 29 DE NOVEMBRO NA SÚA BIBLIOTECA.

OBRADOIROS DE PLÁSTICA, ACTIVIDADES MUSICAIS E CONTACONTOS XIRARON AO REDOR DA FERMOSA HISTORIA DE "O SEÑOR MAGO E A FOLLA". ESTE LIBRO E MÁIS  TOÑO NUÑEZ, O SEU AUTOR,  ASUMIRON O MANDADO DE DANIEL  DE  ENCHER DE POESÍA A SÚA BIBLIOTECA E NOSO CORAZÓN.

Resultados das votacións para a renovación do consello escolar

 

 

RESULTADO DAS VOTACIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Xornada do día 27 de novembro de 2018

Rematada a xornada de votacións para a renovación do Consello Escolar e como consecuencia dos resultados obtidos incorpóranse a esté organo de goberno do noso centro:


POLAS FAMILIAS:
Titulares: Oscar Rial Lago, da escola de Outeiro. Laura Rial Sobradelo, da escola de Capela. Estefanía, Pérez Yañez, da escola de Pazo
Sustituta: María Luisa Rodríguez Queiruga, da escola de Pazo

POLO PROFESORADO
Titulares: Laura Álvarez Barreiro, profesora titora en Outeiro. Ana Alicia Castro Moares, profesora titora en Abuin. Mario Jiménez López, profesor de Educación Física. María Vázquez de la Iglesia, profesora de Pedagoxía Terapéutica.
Sustitutas: Paula Vicente Somoza, profesora titora en Pazo e Antía Sabela García Castro profesora de Audición e Linguaxe.


POLO PERSOAL NON DOCENTE:
Titular: Eva Iglesias Tubío, traballadora do servizo de limpeza nas escolas de Capela e Quintáns.

Ás persoas electas, en representación, das familias, do profesorado e do persoal non docente, incorporaranse ao consello escolar xunto coas persoas que permanecen, Tobías Betanzos Rego, Mirian Alameda López e Celia Piñeiro García como membros do equipo directivo, Martín Saborido Rial, en representación do profesorado, Carolina Vicente Rial en representación das familias.
Sumaranse ademais, as persoas representantes do Concello e da ANPA, Irmáns Ínsua.

En representación de todo o centro, debemos agradecer, a participación e colaboración en todos os sectores, tanto ás persoas que viñestes votar, como ás persoas que vos ofrecestes a ser candidatas, como ás persoas que axudastes nas mesas electorais ena Xunta Electoral.

Rianxo a 28 de Novembro de 2018

Distribuir contido