2018-2019
Día de Rosalía
Na escola de Capela sumámonos á celebración do Día de Rosalía.
A vida é un poema sen escribir, nas nosas mans está en facer os versos máis fermosos.
- APIs de Blogue
DÍA DE ROSALÍA
Ao redor do 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvólvense un grande número de actividades que gozan dunha importante aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, e baixo o lema Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento!, convida asemade aos centros de ensino a realizar actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía.
- APIs de Blogue
GATOS
ESTE E "MATEMÁTICO".
ÉUN GATO DOMÉSTICO QUE VIVE ENFRENTE DA ESCOLA
E QUE NOS VISITA CON CERTA FRECUENCIA.
É MOII OBSERVADOR E INTELIXENTE.
OS GATOS PODEN VIVIR 12 ANOS OU MÁIS.
DORMEN ARREDOR DE 16 HORAS REPARTIDAS AO LONGO DO DÍA.
SON BOS CAZADORES
E AXUDANNOS A MANTER AS CASAS LIMPAS DE RATOS .
- APIs de Blogue
PORTAS ABERTAS
MARTES 19 DE FEBREIRO, DE 16 A 17 HORAS, PORTAS ABERTAS NAS ESCOLAS DO CRA PARA TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE QUEIRAN COÑECER AS SÚAS AULAS.
- APIs de Blogue
PLANTACIÓN EN TARAGOÑA
O VENRES 15 DE FEBREIRO A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA REALIZOU UNHA PLANTACIÓN DE FREIXOS E CASTIÑEIROS CO OBXECTO DE COMPLETAR A REXENERACIÓN DO MONTE DO PLEITO, EN TARAGOÑA.
A ACTIVIDADE, ENCADRADA DENTRO DO PROGRAMA VOZ NATURA DESENVOLVIDO POLAS ESCOLAS, FOI ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN FOUSAS AO MONTE E CONTOU COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE RIANXO E A COMUNIDADE DE MONTES FEITOSO DE TARAGOÑA.
- APIs de Blogue
VISITA DO ALCALDE
COMO ESTAMOS A ESTUDAR A NOSA LOCALIDADE
QUEN MELLOR QUE O ALCALDE, ADOLFO MUIÑOS,
PARA DARNOS INFORMACIÓN.
FOI POR ISO QUE O INVITAMOS A VIR A NOSA ESCOLA
(DADO QUE TAMÉN VIVE NO PAZO).
FIXEMOSLLE MOITAS PREGUNTAS E
EXPLICOUNOS MOITAS COUSAS.
INCLUSO NOS ADIANTOU ALGUNHAS NOVAS
COMO, O CAMBIO DOS CONTENEDORES DO LIXO
OU O DA NOVA DEPURADORA.
TAMÉN NOS AGASALLOU CUNS LIBROS DOS BOLECHAS
"UNHA HISTORIA RIANXEIRA"
- APIs de Blogue
VESPAS VELUTINAS
NOS ÚLTIMOS DÍAS DO OUTONO, CANDO AS ARBORES ÍAN QUEDANDO CADA VEZ MÁIS ESPIDAS,
DENDE O NOSO PATIO DESCUBRIMOS MOI PRETIÑO DA NOSA ESCOLA
UN NIÑO DE VESPAS VELUTINAS QUE NOS PARECEU GRANDÍSIMO.
NA PRIMAVERA PASADA VIAMOS REVOAR POLO NOSO PATIO AS AVESPAS PERO NON SABIAMOS
ONDE PODERÍAN TER O SEU NIÑO, XA QUE A ÁRBORE ESTABA CUBERTA DE FOLLAS.
CANDO O DESCUBRIMOS... ALÁ FOMOS A VELO MÁIS DE PRETO!
FAI ALGÚNS ANOS, OS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL SACARON DE PRETO DA NOSA ESCOLA
UN NIÑO SECUNDARIO DE VESPAS VELUTINAS. COMO SON MOI AMIGOS NOSOS PASARON POLA ESCOLA
A ENSINALO E DEIXARONO QUEDAR AQUÍ, E AQUÍ SEGUE!.
POIS HOXE VOLVEMOS A MIRALO:
- APIs de Blogue
30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ. ESCOLA DE CAPELA.
Aquí vos deixamos unhas imaxes de como celebramos este ano o Día da Paz na escola de Capela.
Escoitamos a canción "Imagine" de John Lennon e logo construímos o noso mundo en PAZ no cuarto escuro. E para rematar lemos o conto de Elmer e cada un de nós debuxou o seu propio Elmer. Foi fantástico! Disfrutádeo!
- APIs de Blogue
GANDHI E OS ANIMAIS
"A GRANDEZA DUN LUGAR PÓDESE MEDIR POLA FORMA EN QUE TRATA AOS SEUS ANIMAIS"
Mahatma Gandhi.
- APIs de Blogue
AS POMBAS E A PAZ
A IMAXE DUNHA POMBA BRANCA CUN RAMIÑO DE OLIVEIRA NO PETEIRO É UN DOS SÍMBOLOS DA PAZ MÁIS RECOÑECIDOS EN TODO O MUNDO.
O PINTOR PABLO PICASSO AXUDOU A POPULARIZAR ESTA REPRESENTACIÓN COS SEUS DESEÑOS DE POMBAS DA PAZ, PERO A ORIXE DESTA IMAXE PROCEDE DO RELATO DUNHA GRANDÍSIMA CHUVASCADA, RELATO QUE, CON DISTINTAS VARIACIÓNS, FORMA PARTE DE MOITAS CULTURAS DO MUNDO ANTIGO.
NA LENDA QUE CHEGOU ATA NÓS, A POMBIÑA ACADA UN PROTAGONISMO ESPECIAL AO SER QUEN PORTA NO SEU PETEIRO UN SINAL MOI AGARDADO.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »