2018-2019
FOLLAS DE OUTONO
O OUTONO PRIMEIRO TROUXONOS AO SEÑOR MAGO E A FOLLA. DESPOIS A TOÑO NUÑEZ, O AUTOR DO LIBRO DO QUE TANTO GOSTAMOS.
TOÑO COMPARTIU CON NÓS UNHA FERMOSA E REIVINDICATIVA MAÑÁ NA BIBLIOTECA DE DANIEL.
O SEÑOR MAGO E A FOLLA COMPARTEN DENDE HAI TEMPO OS NOSOS MOMENTOS DE LECTURA.
FOI TEMPO PROPICIO TAMÉN PARA O REGRESO DOS VERSOS DE UXÍO NOVONEYRA.
FERMOSO OUTONO, QUE DEIXOU CAER, XUNTO COAS FOLLAS, FANTASÍA E POESÍA...
- APIs de Blogue
VEN COMIGO
EN POUCO TEMPO DARÁ COMEZO O PERIODO DE RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO. AQUÍ VOS QUEDA A ESENCIA DAS NOSAS ESCOLAS REFLEXADA NUN LIPDUB FEITO CON MOITO AMOR!
VINDE CON NÓS AO CRA DE RIANXO!
- APIs de Blogue
GANDHI E OS ANIMAIS
DENDE O ANO 1964, CADA 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
ESTA DATA, RECOÑECIDA POLA UNESCO EN 1993, CONMEMORA O DÍA DA MORTE DE MAHATMA GANDHI, DEFENSOR DA NON VIOLENCIA COMO MEDIO DE PROTESTA E REVOLUCIÓN.
GANDHI É TAMÉN COÑECIDO POLO SEU EMPEÑO EN GARANTIR O RESPECTO AOS ANIMAIS:
"A GRANDEZA DUNHA NACIÓN E O SEU PROGRESO MORAL PODEN MEDIRSE POLO TRATO QUE RECIBEN OS SEUS ANIMAIS"
- APIs de Blogue
FAISÁNS, PERIQUITOS E CODORNICES
APROVEITANDO A VISITA Á CASA DOS AVÓS DE IRIA E DIEGO VIMOS ALGUNHAS DAS AVES QUE TEÑEN ALÍ:
GALIÑAS, FAISÁNS, PERIQUITOS E PASPALLÁS (CODORNIZ).
AS AVES SON OVÍPARAS E DIEGO FOI A XUNTA AS SÚAS GALIÑAS
E AMOSOUNOS UN OVO QUE ESTABA QUENTIÑO!
- APIs de Blogue
AS OVELLAS
DIEGO E IRIA INVITÁRONNOS A VER AS SÚAS PERIQUIÑAS.
TEÑEN CATRO DÍAS E SON MOI BRANQUIÑAS E PEQUENIÑAS.
CANDO CHEGAMOS ALÍ ESTABAN MAMANDO DA SÚA NAI XA QUE AÍNDA SON UNHAS CRÍAS.
LOGO BOTÁMOSLLE UNHAS COLES PARA QUE COMERA A SÚA NAI.
- APIs de Blogue
BOLBORETAS
AS BOLBORETAS E AS POLILLAS TEÑEN DOUS PARES DE ÁS SIMÉTRICAS DAS QUE MOITO GOSTAMOS.
DELAS ASOMBROUNOS A SÚA ESPECTACUAR METAMORFOSE. PERO DESCUBRIR OS SEUS ENORMES OLLOS E A SÚA LONGA ESPIRITROMPA NON FOI MENOS INTERESANTE.
- APIs de Blogue
GRILO
NO OUTONO, NA HERBA DAS CASAS DE ROI E CARLOTA CANTABAN AÍNDA OS GRILOS. CON ESTES CURIOSOS ANIMAIS QUE CANTAN COAS ÁS COMEZAMOS A DESCUBRIR O MUNDO DOS INSECTOS.
- APIs de Blogue
CRÍAS DE RA
EMILIO CONVIDOUNOS A DESCUBRIR CRÍAS DE RA NO ESTANQUE DA CASA DOS AVÓS.
EMILIO ESTABA NA ESCOLA DE PRIMARIA PERO A AVOA CONVIDOUNOS A MERENDAR E O AVÓ DEIXOUNOS LEVAR UN PAR DE DÍAS UNS POUCOS CÁGADOS Á ESCOLA.
DURANTE ESES DÍAS NON OBSERVAMOS NIGÚN CAMBIO NESES PEQUENOS ANIMAIS, PERO BEN SABIAMOS COMO ÍA SER A SÚA TRANSFORMACIÓN
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »