2011-2012

PICASSO

- QUEN ENCENDEU A LUZ ?
pregunta o noso compañeiro, mentras observa a lámina de arte que acaba de descubrir na clase.

Ó contemplar por vez primeira algunha das obras de Picasso tardamos un tempo en ir percibindo os seus elementos. Pero se miramos co interés do noso compañeiro é como se alguén encendera unha luz na noite e ...
aparece diante de nós o sufrimento e a destrución do Guernica


ou a serenidade pracenteira da Pesca nocturna en Antibes


PROBAMOS AS FEIXOAS

                    

              

ESTA SEMANA ESTAMOS PROBANDO AS FEIXOAS DA HORTA DE JOSE.

É UNHA ÁRBORE QUE PROCEDE DE AMÉRICA. AS SÚAS FROITAS  PÓDENSE CONSUMIR FRESCAS, EN COMPOTA, EN MERMELADA,...

TEN VITAMINAS B E C.

UTILÍZASE MOITO COMO ÁRBORE ORNAMENTAL, NON ME EXTRAÑA, VICHES QUE FLORES TAN BONITAS?

NA ESCOLA PROBÁMOLAS FRESCAS.  A QUE ESTÁN RIQUÍIIIIIIIISIMAS?

 

                                              NEN@S DE PAZO PRIMARIA PROBANDO AS FEIXOAS

DANIEL

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS...
AQUÍ ESTOU,
EMBARCADO NUNHA NOVA TRAVESÍA QUE ME HA DE LEVAR, LIBRO TRAS LIBRO, HISTORIA TRAS HISTORIA, VERSO TRAS VERSO,
A DESCUBRIR MARES QUE BAÑAN MUNDOS ESQUECIDOS OU NUNCA ANTES COÑECIDOS.

SE QUEREDES SER OS MEUS GRUMETES, OS MEUS RAPACES E PAPAZAS DE A BORDO, NON DEIXEDES DE VISITARME NA NOSA BIBLIOTECA,
NA BIBLIOTECA DE DANIEL

***

O 7, 8, 9 e 10 de novembro tódalas aulas do centro desprazáronse ata a sede do CRA para realizar distintas sesións de  animación lectora  e educación musical

Ver as novas na

Escola de Cruceiro

Escola de Pazo. Biblioteca - Música

Escola de Rañó

Escola de Capela

Samaín e as súas tradicións

Durante a semana pasada festexamos unha festa de gran tradición en Galicia: O SAMAÍN.

Nesta semana lembramos aos celtas e os seus costumes, como foron as “pedras dos desexos”, os MILLADOIROS. Esta cultura tiña nas encrucilladas amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.

Na Escola de Rañó, facendo uso dos elementos do outono, pedimos os nosos desexos empregando unha piña, “as piñas dos desexos”. Queredes velos…?

HELENA

 "QUERO QUE TODO O MUNDO TEÑA COMIDA"

DANIEL

"QUERO UNHA COLCHONETA"

RAÚL

"EU TEÑO GANAS DUNHA MOTO"

JAIRO

"QUERO SER UN DRAGÓN"

RAQUEL

"QUERO UN COCHE NOVO"

YERAY

"QUERO UN COCHE NOVO"

SAMUEL SABORIDO

"OS DOUS BÁCULAS QUE ME FALAN, QUE SON E REAL RIPER

E GRIFÓN DE LUME"

SAMUEL MORALES

"QUERO SER UN MAGO"

SARA

"QUERO SER ANTONELA!

BRAIS

"QUERO UN BARCO"

BORJA

"QUERO QUE TODOS ESTEAN FELICES"

NURIA: "QUE A MIÑA AVOA ESTEA FELIZ NO CEO"

AIDA: "QUERO VIVIR NUNHA MONTAÑA"

 

SAMAÍN EN PAZO

"CHEGA O OUTONO E CON ÉL AS CASTAÑAS, AS CAVEIRAS DE MELÓN, OS CALACÚS,...CHEGAN AS AUGAS E OS TEMPOS ESCUROS, REMATA

O VERÁN E ENCÉTASE O INVERNO, VAISE A CALOR E VÉN O FRÍO: ACÁBANXE AS ROMARÍAS AO SOL E INÍCIASE OS FIADEIROS A CARÓN DO LUME:

SON OS TEMPOS DE SAMAÍN"  (Vieiros na escola)

 

 

NA ESCOLA DE PAZO DURANTE ESTA SEMANA FESTEXAMOS O SAMAÍN E TIVEMOS DE INVITADAS

AS CABAZAS  QUE TROUXEMOS DAS NOSAS CASAS :

 E ENTRE TODOS, AXUDAMOS A LUCAS A FACER A SÚA CABAZA:

 

 

E SE QUEREDES VER MÁIS...

 


Distribuir contido