2011-2012
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende as escolas de Abuín e Rañó, chéganos a recomendación da lectura da narración de Fina Casalderrrey " Xela volveuse vampira!!" de Baía edicións, como unha forma de dar entrada nas nosas aulas ó " Día internacional contra a violencia de xénero"
ver a nova en
- APIs de Blogue
O CASTIÑEIRO
ESTE QUE VEDES ASOMADO A VENTÁ DA NOSA AULA, DETRÁS DOS COGOMELOS E CABAZOS DE PLÁSTICO, É UN CASTIÑEIRO, UN AUTÉNTICO CASTIÑEIRO.
AÍ ESTÁ. EL MIRA PARA NÓS... E NÓS MIRAMOS PARA EL.
VÉMOLO CANDO ESTREA AS FOLLAS DA PRIMAVERA, CANDO AS TINGUE DE OUTONO E MESMO CANDO SE QUEDA ESPIDO NO INVERNO.
HOXE, DÍA MUNDIAL DO BOSQUE AUTÓCTONO, QUEREMOS QUE O CASTIÑEIRO SEXA O PROTAGONISTA NO NOSO PORTAL.
PORQUE, AÍNDA QUE UNHA ÁRBORE SOA NON FAI BOSQUE, EL É TAMÉN O NOSO COMPAÑEIRO...
INVITACIÓN PARA O POLIDEPORTIVO
A última semana de novembro estades todos invitados a asistir a unha sesión de psicomotricidade no polideportivo municipal de Rianxo.
Como somos moitos teremos que vir repartidos en varios días.
O luns 28 virán os nen@s de Capela, Vacariza e Quintáns.
O martes 29 virán os nen@s de Rañó, Abuin e Pazo.
O mércores 30 virán os nen@s de Cuvide, Cruceiro e Outeiro.
Antes da sesión do poli faremos unha actividade sobre o mar como fonte de alimentos na Aula Activa.
Lembrade que debedes vir con roupa cómoda e tenis ben limpos nunha bolsa para cambiar no pavillón.
Como xa sabemos todos:
Se queres estar san e forte
come de todo e fai deporte.
DÍA MUNDIAL DO BOSQUE AUTÓCTONO
O 23 de noviembre celébrase o "Día Mundial do Bosque Autóctono" co obxecto de reivindicar a importancia destes bosques e asegurar a súa conservación.
A presente celebración enmárcase dentro da declaración do 2011 como "Ano Internacional dos Bosques" pola Asamblea Xeral das Naciones Unidas (ONU) como recoñecemento á contribución destes ecosistemas ó desenvolvemento dos pobos e a erradicación da pobreza.
ver
- APIs de Blogue
OBXECTIVO: AFORRO DE AUGA.
Como seguimos a traballar no aforro da auga, agora dispoñemos duns bonitos dispositivos (reloxos de area) que nos van axudar a controlar o tempo do lavado de mans dunha forma divertida.
- APIs de Blogue
O MAGOSTO
Estos son os barquiños do magosto, para gardar as castañas quentiñas! e tamén fixemos á castaña Catarina para levala nos xogos. Fermosos, non si?
VAMOS AO MAGOSTO Á ESCOLA DE RAÑÓ!
PASÁMOLO MOI BEN!
MOITAS GRAZAS AMIGOS E AMIGAS DE RAÑÓ!
MOITAS GRAZAS A TODOS OS PAPÁS, MAMÁS, AVOAS....DA ESCOLA DE RAÑÓ POR TODO.
1ª SESIÓN DE BIBLIOTECA
NA PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA
A PROFE MARÍA PRESENTOUNOS A DANIEL, UN AMIGO
QUE NOS INVITA A VISITALO E NOS PRESTA OS SEUS BENS MÁIS PREZADOS,
OS CONTOS.
MOITAS GRAZAS PROFE MARÍA !!! MOITAS GRAZAS, DANIEL!!!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »