2011-2012
O polideportivo !!!
A SEMANA PASADA GOZAMOS DUNHA SESIÓN COMPLETA. ESTIVEMOS NA AULA ACTIVA E
TAMÉN NO POLIDEPORTIVO. QUE BEN O PASAMOS !!!
Chegamos a aula do mar e sentámonos moi atentos. |
Escoitamos as explicacións daqueles vídeos que íbamos ver. |
Un vídeo sobre os aparellos de pesca. |
Un vídeo sobre un neno que facía submarinismo. |
Colocámonos formando unha gran roda. |
Escoitamos a explicación de Jose sobre o xogo de "A formiguiña". |
Todas as formiguiñas no chan.
|
As formiguiñas moi xuntiñas.
|
O circuito das formigas. |
Xogos con panos. |
O xogo da culebra. |
Que podemos facer co noso corpo? |
Xogo libre: Sara cos esquís.
|
Xogo libre: Raquel na pedaleta.
|
Xogo libre: Jairo, Yeray e Samuel xogando ao hockey. |
Xogo libre: Helena máis Nuria sobre os esquís. |
Xogo libre: Samuel rodando dentro do cono. |
Xogo libre: Aida e Samuel rodando. |
Xogo libre: Borja xogando ao Hockey. |
Xogo libre: Dani e Sara gozando do espazo do Polideportivo. |
- APIs de Blogue
Día da Constitución Española
o día 6 de decembro conmemoramos o día da Constitución Española, a través do artigo 14 que di:
OS ESPAÑOIS SON IGUAIS ANTE A LEI, SEN QUE POIDA PREVALECER DISCRIMINACIÓN ALGUNHA POR
RAZÓN DE NACEMENTO, RAZA, SEXO, RELIXIÓN, OPINIÓN OU CALQUERA OUTRA CONDICIÓN OU
CIRCUNSTANCIA PERSOAL OU SOCIAL.
AIDA: Aida é amiga dun home con gafas.
SAMUEL M.: Samuel é amigo de Sara, aínda que ela nacera en Canarias.
HELENA: "Teño unha amiga que se chama Sara e que vive en Australia. Estamos xongando ao escondite".
DANIEL: "Son amigo dunha nena calva".
BORJA: Un chino xogando ao fútbol con un amigo que se chama Borja.
YERAY: "Eu era amigo dun neno chamado Hugo".
JAIRO: "O Barc,a e o Madrid empataron".
BRAIS: "Estou xogando co meu amigo de china".
RAQUEL: "Eu son amiga dun neno cos pelos de punta".
RAÚL. Dous nenos falando. Un di:"Eu non sei xogar ao fútbol". O outro lle responde: "Vouche axudar a xogar ao fútbol".
SAMUEL S.: "Non discriminamos aos nenos con gafas".
NURIA: Dúas nenas que non teñen a mesma opinión. Unha di "O Madrid é o mellor". A outra lle responde "Non, é o Barcelona".
SARA: "A miña amiga chinita e tamén eu estamos xogando ao fútbol".
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
ESTA SEMANA DISFRUTAMOS DA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.
LEVAMOS A CABO UN MONTÓN DE ACTIVIDADES CENTRADAS NO NOSO CORPO.
AQUÍ VAN UNS EXEMPLOS.
DESPOIS DE TANTO ESFORZO MERECEMOS UNHA MERENDA SAUDABLE:
E DESPOIS DE RECUPERAR FORZAS CONTINUAMOS CON XOGO LIBRE:
REMATAMOS A SESIÓN CUNHA MASAXE RELAXANTE EN PARELLAS:
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
Hoxe, 28 de Novembro, asistimos á primeira sesión
de educación física no polideportivo de Rianxo.
Antes fixemos unha paradiña na Aula activa,
onde vimos uns vídeos relacionados co mar.
PARABÉNS!!!
O Venres festexamos os aniversarios do mes:
Noa xa ten 7 anos, Ramón e Jorge cumpriron 6 e Nerea xa ten 3!!!
PARABÉNS CHIC@S!!!
- APIs de Blogue
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO
Con motivo do 20 de Novembro,
Día Universal dos dereitos da infancia,
elaboramos uns colgadores para a porta da nosa habitación,
recordando algúns dos dereitos que temos
todos os nenos e nenas do mundo por igual.
- APIs de Blogue
BIBLIOTECA E MÚSICA EN ASADOS
O Mércores 9 de Novembro tivemos a primeira sesión
de biblioteca e música en Asados.
Co profe Rubén mergullámonos na música:
música do mar.
A biblioteca estaba moi bonita!
O outono tamén chegara ata alí!!!
Recordamos a Daniel, confirmando o nosos desexo
de renovar os nosos carnets de lectores e lectoras
e os máis pequenos fixéronse socios por primeira vez.
Coa profe María desfrutamos das historias:
historias contadas, cantadas, bailadas,...
Xa en Capela, debuxamos ao peixe vermello e os seus amigos,
persoaxes que xa forman parte da travesía na que decidimos
embarcarnos ao longo deste curso
xunto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA.
- APIs de Blogue
O OUTONO
Cando o vento comezou a soprar,
o outono chegou a Capela cargadiño de actividades
que nos tiveron moi ocupados nesta época do ano que tanto nos gusta:
bailes,
cantigas,
xogos
(o noso preferido, sen dúbida!: as carreiras de follas),
os móbiles do outono,
o mural dos porquiños,
o magosto,...
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
O LUNS 28, MARTES 29 E MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO TODAS AS ESCOLAS DO CRA REALIZARÁN UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.
ver
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »