2011-2012

Un Nadal Viaxeiro

          

 

 Chegou o Nadal ás nosas escolas e a tan pouquiño de iniciar as vacacións os nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo queren desexarvos un moi BO NADAL a todos e a todas. Pero nestas datas tan entrañables os nosos nenos/as querían felicitar dun modo especial aos seus compañeiros e as súas familias, por iso nestes últimos días os bos propósitos navideños empezaron a viaxar por todo Rianxo de escola en escola.

Como xa sabedes aos nenos/as de Relixión gústanos moito facer agasallos , e este ano para poder celebrar o Nadal todos xuntos fixemos unhas tarxertas moi  bonitas para intercambiar, polo que tivemos que facer tamén un sobres para llas enviar aos nosos compañeriros e compañeiras, podendo así transmitirlle o noso cariño e as nosas felicitacións. Ahí vos van as nosas mensaxes:

Os nenos e nenas de Pazo Infantil fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Cruceiro A: "Ola compis Bo Nadal e próspero ano novo. Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con todo o noso cariño. Moitos biquiños. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Pazo Primaria fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Cruceiro B: "Ola amigos, que tal? esperamos que teñades un Bo Nadal e que os Reis Magos vos traian moitas cousas , eso sí, si vos portástedes ben je, je.... Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con moito cariño. Moitas apertas e bicos. Vémonos no festival"

Os nenos e nenas de Abuin fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Outeiro: "Ola Laura e Vicente somos Paula e Raúl, este ano tocóunos a vosa clase porque tamén sodes só dous nenos igual que na nosa. Esperemos que vos gusten as nosas postais e esperamos as vosas con moita ilusión que seguro que son preciosas, Bo Nadal de todo corazón, os vosos amigos de Abuin, moitos bicos. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Rañó fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Capela Infatil: "Ola peques, fixémosvos estas postais con moito cariño para que as levedes para as vosas casas e vos lembredes un pouquiño de nós, moitos bicos e apertas dos vosos amigos de Rañó. Bo Nadal e boas festas. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Quintáns fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Vacariza: "Ola veciños que tal vos vai? Os vosos compañeiros/as de Quintáns fixémosvos estas postais para vós con todo o noso amor, esperemos que vos gusten moito. Biquiños e amores .Bo Nadal e próspero ano novo. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Vacariza fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Pazo Infantil: "Ola compis Bo Nadal e próspero ano novo. Fixemos estas postais con moito cariño para vós, a ver si vos gustan. Esperamos que os Reis Magos vos traian moitas cousas e tamén Papa Noel e tamén o Apalpador, pero para iso tedes que portarvos moi ben na casa e traballar moito no cole, os vosos amigos que vos queren.  Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Capela Primaria fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Cuvide: "Ola compis Bo Nadal e boas festas. Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con todo o cariño, pasádeo moi ben nestas festas pero non comades moito turrón que vos poden caer os dentes, bueno si é turrón de chocolate estades perdoados. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Capela Infantil fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Rañó: "Ola compis Bo Nadal xa lle escribístedes a carta aos Reis? esperemos que sí porque a ver si despois non da tempo e nós non queremos que quededes  sin regalos, pero como sodes moi bos seguro que vos traían algo aínda que fose sin carta. Moi Bo Nadal para todos e moitos bicos dos vosos amigos de Capela, a ver si vos gustan as nosas postais, biquiños. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Outeiro fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as Abuin: "Ola Paula!, ola Raúl! somos Laura e Vicente Bo Nadal e boas festas. Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con todo o noso cariño. Moitos biquiños. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Cuvide fixemos as nosas postais para os nosos compañeiros/as de Pazo Primaria: "Ola compañeiros esperamos que vos gusten moito as nosas postais e tamén o sobre que fixemos para mandárvolas, que teñades moi boas festas e que o pasedes moi ben coas vosas familias, moitos bicos e todo o noso cariño dos vosos compañeiros de Cuvide. Vémonos no festival!"

 

Os nenos e nenas de Cruceiro A fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Quintáns: "Ola compis, fixémosvos estas postais con moito cariño esperamos que vos gusten moito. Moitos bicos e apertas dos vosos amigos de Cruceiro. Bo Nadal e boas festas. Vémonos no festival".

Os nenos e nenas de Cruceiro B fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Capela Primaria: "Ola compis, mandámosvos estas postais que esperemos vos gusten moito, celebrade estas festas con moito cariño e amor coas vosas familias e cantade moitas panxoliñas, con moito cariño dos vosos amigos de Cruceiro. Bo Nadal e boas festas. Vémonos no festival".

 

Se queredes ver como traballamos e o ben que o pasamos facendo estas postais non vos podedes perder a  galería de fotos. Nesta ocasión como somos moitos a profe Celia agrupou as fotos por escolas e fixo dúas tandas, desfrutade tamén co son das panxoliñas:

O Nadal Viaxeiro 1 escolas de Outerio, Capela, Cruceiro e Cuvide

 

 

O Nadal Viaxeiro 2 escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza:

 

 

 

Esperemos que todos disfrutárades con esta actividade, dende o departamento de Relixión queremos desexarvos a todos un moi Feliz Nadal, vémonos no festival  o día 21 ao que estades todos convidados. Felices festas e que o neniño Xesús coide de todos nós.

FESTIVAL DE NADAL 2011

O MÉRCORES 21 DE DECEMBRO CELEBROUSE NO AUDITORIO MUNICIPAL O FESTIVAL UN MAR DE ILUSIÓN” DO CRA DE RIANXO CO SEGUINTE PROGRAMA:

Presentación do festival de Nadal

Actuacións das escolas do C.R.A.:

1 Vacariza- O cuarto rei mago

2 Quintáns- O pirata Metepata

3 Pazo- Un peixe divertido

4 Cuvide e Outeiro- Croques en salsa de vieira

5 Capela - La canción del pirata

6 Rañó-  É a vida do mar

7 Cruceiro - Aquí en baixo é todo azul

8 AbuínGlu, glu, glu

Visita dos Reis Magos

Animais Mariños Coa Pantalla Dixital

CREAMOS OS NOSOS ANIMAIS MARIÑOS EMPREGANDO A PANTALLA DIXITAL.

ADIVIÑADES CALES SON...?


O PEIXE VERMELLO

O PEIXE VERMELLO

QUE MARABILLOSO EMPAPARSE DAS PALABRAS QUE AGOCHA UN CONTO

QUE INCRIBLE NADAR NAS PROFUNDIDADES MARIÑAS DUN LIBRO

QUE FASCINANTE CREAR O NOSO PROPIO PEIXE VERMELLO

E QUE BONITO PODER COMPARTILO CONTIGO.

GRANADA

 ESTA SEMANA ESTAMOS PROBANDO A GRANADA COMO PROPOSTA NO OBRADOIRO DE PROBADORES DE ALIMENTOS:

 

A GRANADA É UN FROITO ORIXINARIO DE ASIA (DA REXIÓN ENTRE IRÁN E A INDIA).

EN MOITAS CULTURAS CONSIDÉRANA O SÍMBOLO DO AMOR, DA FERTILIDADE E DA PROSPERIDADE.

POSÚE ANTIOXIDANTES, POTASIO, CALCIO, MAGNESIO, FERRO, ZINC, MANGANESO,... E VITAMINAS C, B, E. POR ISO LLE CHAMAMOS UNHA "SUPERFROITA".

E ADEMÁIS DE TODO ISO, É QUE ESTÁ BOÍIIIISIMA. ¿A QUE TAMÉN A IMOS PROBAR NA CASA?

ANIMÁDEVOS A PLANTAR UN GRANADO NO XARDÍN POIS TAMÉN SE UTILIZA COMO ÁRBORE ORNAMENTAL, AS FLORES SON PRECIOSAS E OS FROITOS DELICIOSOS.

DEREITOS HUMANOS

NA ESCOLA DE CRUCEIRO VOLVEMOS VISITAR A JADYETU E Ó SEU POBO SAHARAUI REFUXIADO NO DESERTO.

ADEMAIS, ESTE ANO COÑECEMOS TAMÉN A MAHMUDA, OUTRA NENA SAHARAUI QUE PASA OS VERÁNS EN RIANXO.


CON ELAS CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS E FOMOS CONSCIENTES DE QUE TÓDOLOS SERES HUMANOS NACEMOS LIBRES E IGUAIS EN DEREITOS,



QUE, EN CASO DE PERSECUCIÓN, TODA PERSOA TEN DEREITO A BUSCAR ASILO E REFUXIARSE EN CALQUERA PAÍS,

E QUE TODA PERSOA TEN DEREITO A TER UN NIVEL DE VIDA ADECUADO QUE LLE ASEGURE EN ESPECIAL A ALIMENTACIÓN, O VESTIDO, A VIVENDA E A ASISTENCIA MÉDICA.

SEREAS E HOMES PEIXE

" Xerónimo del Hoyo, que foi coengo-cardeal de Compostela por volta da primeira década do século XVII, refire que se teñen visto nos arredores da Coruña certos peixes semellantes a homes (...)

( ...) din os mareantes que a súa presenza nas augas é sinal de boa pesca, alén de seren amigos dos humanos que costuman darlles pan."

( "Guía da Galiza máxica". Victor Vaqueiro)

RAPAZ DE A BORDO

" Eu sonche rapaz de a bordo,

pero sei moito de mar.

Téñoche un cesto de amor,

  mira que aínda son rapaz...!

( Xosé Mª Brea Segade)


HAI ANOS, CANDO OS AVÓS ERAN PEQUENOS, ERA FRECUENTE QUE A PARTIR DOS 10 ANOS OS NENOS TRABALLASEN NOS BARCOS DE PESCA COMA RAPACES DE A BORDO

" (...) cando fun xa máis grandiño, miña nai mandoume o mar, de rapás de barco. O volver do mar faxíanse as partes, e ó rapas media. As redes tamén levaban a súa parte. E logo tiña que quedar a lava-lo barco. Unha esclavitú. Os barcos non eran de motor, que eran de remo. Eran de motor de pan de millo"

( testimonio recollido por Mar Linares e publicado no artigo "Donde van eses tempos" do programa das festas de Guadalupe 1992)

Distribuir contido