2011-2012

1ª SESIÓN DE MÚSICA. ESCOLA DE PAZO

PASÁMOLO MOI BEN NA 1ª SESIÓN DE MÚSICA XUNTO

COS NOSOS COMPAÑEIROS DA ESCOLA DE ABUÍN.

BAILAMOS, CANTAMOS E COMO NON, TOCAMOS OS INSTRUMENTOS.

SESIÓN DE BIBLIOTECA E MÚSICA

NA BIBLIOTECA DE DANIEL SOUBEMOS DAS ANDURIÑAS NOS CEOS DE CORES, DAS FOLLAS QUE CAEN E DO PEIXIÑO VERMELLO QUE GOSTABA DE METERSE DENTRO DOS LIBROS.

NA AULA DE MÚSICA ESCOITAMOS COMO OS INSTRUMENTOS PODEN CREAR UN FONDO MARIÑO

TAN PRONTO COMO CHEGOU Á ESCOLA, O PEIXIÑO VERMELLO DE ABEL, INTRODUCIUSE NO POEMA DE BREA SEGADE QUE TIÑAMOS NA AULA E LEVOU CON EL A MÚSICA DE CAMILE SAINT-SAËS

UNHA BALUGA DE MANTEIGA

ESTES DÍAS ESTAMOS A APRENDER COUSAS

SOBRE DOS ALIMENTOS.

E, ASÍ SOUPEMOS QUE HAI QUE

INXERIR POUCAS GRAXAS.

DE TODOLOS XEITOS DE CANDO EN VEZ

SÍ, QUE SE PODEN COMER,COMO O DÍA QUE

PREPARAMOS ESTA "BALUGA"DE MANTEIGA.

Halloween

O pasado luns, 31 de outubro, celebrouse o Halloween en moitos países de fala inglesa. No CRA de Rianxo quixemos aprender un pouquiño máis sobre esta festividade e comparala co noso Samaín. Vimos como fan cabazas, que eles chaman pumpkins, con caras terroríficas. Tamén vimos como se disfrazan de bruxa (witch), pantasma (ghost), monstro (monster)... Despois van de casa en casa dicindo o característico "Trick or treat" para que lles dean caramelos. Nalgunhas cousas non somos tan diferentes a outros nenos/as doutras partes do mundo!

Happy Halloween!



ESQUERDA-DEREITA

 ESTA SEMANA XOGAMOS CO TWISTER OU ENREDOS, QUE ADEMÁIS DE SER MOI DIVERTIDO É MOI ÚTIL PARA IDENTIFICAR A NOSA    ESQUERDA E DEREITA.

 

 

 

                FIXÁDEVOS QUE POSTURAS MÁIS COMPLICADAS!!! TAMÉN HAI QUE TER BO EQUILIBRIO!

PARABÉNS!!!

O Venres festexamos os aniversarios do mes:

Uxía Lojo xa ten 4 anos e os chicos (Juanjo, Beltrán e Berna) xa teñen 5.

PARABÉNS!!!

PABLO PICASSO

O Venres 28 de Outubro visitamos en Santiago a exposición "Suite Vollard" de Pablo Picasso.

Foi a primeira saída do curso á que fomos todos xuntos,

para moitos dos peques era a primeira excursión da súa vida,

para algún a súa primeira viaxe en autobús,

...

Por todo iso e porque nos gusta compartir as nosas experiencias con vós,

aí quedan algunhas fotos para o recordo:

No autobús...

ao comezo da visita, ...

e como nas salas non se podían facer fotosTriste,

o que aconteceu despois quedou recollido únicamente na nosa memoria

e esta vez tivemos que contárvolo a través das palabras,

sen imaxes que nos axuden a recordar.

O SAMAÍN

Con moita imaxinación e creatividade os pais,avós, padriños,...

axudáronnos a adornar as cabazas do samaín.

Nas aulas tamén andivemos entre cabazas e arañas.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

Distribuir contido