2011-2012
SAMAÍN
DENDE A NOITE DOS TEMPOS, CHEGA ATA OS NOSOS DÍAS O SAMAÍN.
ESCURIDADE, LUME E CAVEIRAS
ARREPIÁNDONOS ATA O MENCER ...
*
ver
Celebramos o samaín (Abuín)
Noite de samaín ( Cruceiro)
Creamos as nosas caveiras ( Rañó)
O móbil de samaín ( Rañó)
O samaín ( Capela)
- APIs de Blogue
CACAHUETES
ESTA SEMANA EMPEZAMOS NAS AULAS O OBRADOIRO DE PROBADORES DE ALIMENTOS.
COMO NA HORTA DE JOSE HAI UN POUCO DE TODO, POIS LEVAMOS ÁS ESCOLAS UNHA PLANTA DE CACAHUETE. MIRADE QUE BONITA É:
O FROITO NACE DEBAIXO DA TERRA.
SABIAS QUE O CACAHUETE É UN ALIMENTO MOI NUTRITIVO?.
TEN UNHA GRAN CANTIDADE DE PROTEÍNAS, É ANTIOXIDANTE, E BOÍSIMO PARA AS MULLERES EMBARAZADAS POLO SEU CONTIDO EN ÁCIDO FÓLICO.
É MÁIS DIXESTIVO SE SE COME TOSTADO, E DEBE SER CONSUMIDO EN CANTIDADES MODERADAS POIS SE ABUSAMOS PODE SER INDIXESTO.
E, COMO NON, NA ESCOLA PROBÁMOLOS. ESTÁN RIQUÍIIIISIMOS!!!!!!
- APIs de Blogue
A MILLEIRA
OUTRO ANO MÁIS, POR ESTAS DATAS, DESENVOLVEMOS NA AULA ACTIVIDADES PSICOMOTRICES RELACIONADAS COA COLLEITA DO MILLO. É QUE OS CAROZOS DAN MOITO XOGO.
TANTO EN ACTIVIDADES DE CREACIÓN COLECTIVAS
COMO INDIVIDUAIS
PARA TRABALLAR DESPRAZAMENTOS CON OBXECTOS EN EQUILIBRIO (AO MESMO TEMPO QUE REPASAMOS O ESQUEMA CORPORAL)
PARA CREAR AUTÉNTICAS OBRAS DE ARTE
UNHA VEZ CREADAS, AS OBRAS SEGUEN DANDO XOGO:
ESTAS SON ALGÚN EXEMPLO DO QUE SE PODE FACER CUN POUCO DE IMAXINACIÓN E GAÑAS DE MOVERSE. HAI MOITAS MÁIS!!
E PARA REMATAR, NADA MELLOR QUE UNHA BOA MASAXE RELAXANTE,...
- APIs de Blogue
PICASSO
O VENRES 28 DE OUTUBRO, O CRA DE RIANXO REALIZOU UNHA VISITA Á EXPOSICIÓN " PABLO PICASSO. SUITE VOLLARD".
A COLECCIÓN, QUE VISITAMOS NA COMPOSTELÁ CASA GRANDE DO POZO, CONSTA DE CEN GRAVADOS REALIZADOS POR PICASSO ENTRE 1930 E 1936 POR ENCARGO DO MARCHANTE DE ARTE AMBROISE VOLLARD
**
Consultar novas relacionadas en
- APIs de Blogue
SEMANA EUROPEA DO TIBURÓN
Gastón, o tiburón touro do Aquarium Finisterrae ( A Coruña)
Máis de 100 organizacións conservacionistas, científicas e recreativas de toda Europa (entre as que se atopa o Aquarium Finisterrae da Coruña) desenvolven estes días a quinta edición da Semana Europea do Tiburón.
Coas actividades programadas en torno a esta semana preténdese facernos descubrir o papel que os tiburóns xogan para a conservación dos nosos mares e o perigo en que se atopan debido á sobreexplotación pesqueira.
- APIs de Blogue
INCLINADO
É DOADO PERMANECER DEREITO. É DOADO TAMÉN ESTAR DEITADO.
PERO INCLINADO...!!!
É DIFICIL MANTERSE INCLINADO.
CAEMOS, ESCORREGAMOS...
COA AXUDA DUN ADULTO PODEMOS INTENTALO,
INCLINAMOS O CORPO. SUBIMOS POLA RAMPLA DUN TOBOGÁN.
E SE AGORA, DENDE AQUÍ ARRIBA, FÓSEMOS QUEN DE BAIXAR DEREITIÑOS?
POIS...ESTARIAMOS A FACER CO NOSO CORPO AS LIÑAS DO NÚMERO 1.
INCLINADO PARA ARRIBA E DEREITIÑO PARA ABAIXO.
1
- APIs de Blogue
OS POEMAS DE RAÑÓ
EN RAÑÓ COMEZAMOS OUTUBRO CUN POEMA DE XOAN NEIRA...
O SON DO MAR
MONITORES DO PROGRAMA "RIANXO DIVULGA" TROUXERON ATA A ESCOLA ANACOS DO NOSO MAR.
AREA, ANIMAIS, PRANTAS.
E CON ELES, O SEU ARRECENDO E O SEU SON...
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- seguinte ›
- última »