2011-2012

CONCERTO DIDÁCTICO

O luns gozamos dun concerto didáctico no auditorio de Rianxo. Alí puidemos escoitar diferentes bandas sonoras procedentes de algúns dos contos de Disney: La sirenita, Tarzán, El rey León...

Facemos as nosas ilustracións...


A NOSA PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO

O luns 19 de setembro tivemos a nosa primeira saída do curso: visitamos o Auditorio de Rianxo para asistir ó concerto "As músicas do cinema infantil" interpretado pola Banda da Escola de música de Rianxo. Desfrutamos A TOPEEEEE!...como ben podedes observar nestas fotiños

Un saúdo moi especial

   


O curso escolar acaba de comezar, dende a clase de Relixión e de Actividades de Estudo, fixemos uns carteis moi bonitos onde se mostra un saúdo moi especial que os nenos lle mandan os compañeiros de outras escolas entre todas  do CRA:


ESCOLA DE CUVIDE:



Ola compañeiros de CRA, que teñades un bo comezo de curso, temos moitas gañas de vervos. Vémonos o día 19 no auditorio, temos moitas gañas de que chegue este día. Moitos bicos.


CRUCEIRO B:



Ola compañeiros, un sorriso para todos con moito cariño. Vémonos o día 19 no concerto. Un bico moi grande.


CRUCEIRO A:



Ola compis, que tal estades? Desexámosvos que o pasedes moi ben neste inicio de curso. Vémonos o día 19 no auditorio. Moitas apertas e biquiños.


VACARIZA:



Queridos compis, sodes os mellores que teñades un bo comezo de curso. Moitos biquiños e moitas apertas. Vémonos o día 19 no concerto.


CAPELA PRIMARIA:



Queridos compañeiros que tal? despois de tanto tempo sin vernos desexámosvos que empecedes o curso moi ben, e que xoguedes moito pero tamén facédelle caso as profes, moitos biquiños xa nos vemos pronto, os vosos compañeiros de Capela Primaria.


CAPELA INFANTIL:



Hola nenos e nenas do CRA, somos os vosos amigos de Capela, queremos mandarvos un bico agora que empeza o curso, que empecedes todo moi ben, moitas apertas e bicos, ata o luns no concerto.


OUTEIRO:



Queridos nenos de parte de Outeiro desexámosvos que empecedes ben o curso. Moitos bicos e apertas. Vémonos o día 19 no audotorio.


Moitos, moitos bicos para todos os nenos e nenas do CRA, e tamén para os profes e as profes e as familias, empezamos este novo curso con moita ilusión,  e tal e como están as cousas esperando que todo saia moi ben.


 


 


 

CONCERTO DIDÁCTICO

 A BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO REALIZARÁ, OS DÍAS 19 E 20 DE SETEMBRO, O CONCERTO DIDÁCTICO "AS MÚSICAS DO CINEMA INFANTIL", DIRIXIDO A TODOS OS CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO.

O C.R.A. DE RIANXO ASISTIRÁ Á PRIMEIRA SESIÓN DO LUNS 19.

*

Consulta esta nova en

ESCOLA DE ABUÍN

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE CAPELA


REUNIÓN 13 DE SETEMBRO DE 2011

 


Distribución de froita na escola


CONVOCATORIA DOGA 25 de maio de 2011


RESOLUCIÓN:


Froitas que se poden distribuir: albaricoque, cereixa, chirimoia, ameixa, framboesa, amorido, granada, figo, kiwi, mandarina, mazá, pexego, melón, laranxa, néspera, pera, plátano, sandía e uvas


Calendario de distribución: 3 a 9 de outubro, 7 a 13 de novmembro, 6 a 12 de febreiro


Axuda: 0,25 euros por día e alumno.


Regulación das sustitucións: O profesorado titor e o profesorado sustituto débense coordenar de forma que as xornadas ou periodos de  sustitución signifiquen unha continuidade no traballo educativo, neste sentido suxírese:


PROFESORADO TITOR: Sempre que sexa posible deixar plan de traballo, para a xornada ou periodo. En lugar visible, preferiblemente no taboleiro deixar as seguintes indicacións: RUTINAS DIARIAS, NORMAS DE AULA, ACCESO A: TELÉFONOS, CHAVES, TELEFONOS DAS FAMILIAS, INDICACIÓNS INDIVIDUAIS DOS ALUMNOS/AS


PROFESORADO SUSTITUTO: Na medida das posibilidades realizará o plan de traballo proposto. Deixará indicacións de incidencias que se puderan producir e que sexa necesario transmitir ao titor/a


 Calendario de reunións 1º trimestre 2011-12


13 setembro: Reunión xeral, AC/Biblioteca/NL


20 setembro: Reunión xeral, Comisión coord. Ped.


27 setembro: Equipos/ ciclos,


4 outubro: Reunión xeral, Ciclos


11 outubro: Reunión xeral, AC/Biblioteca/NL


18 outubro: Reunión xeral, Comisión coord. Ped.


25 outubro: Reunión xeral, Preparación magosto


8 novembro: Reunión xeral, Ciclos


15 novembro: Reunión xeral, AC/Biblioteca/NL


22 novembro: Reunión xeral, Comisión coord. Ped.


29 novembro: AVALIACIÓN


13 decembro: AVALIACIÓN


20 decembro: Reunión xeral, Comisión coord. Ped.

AVISOS

Convocatoria de suvencións para Clubes de Lectura. Certificiación de aprobación polo Claustro e polo Consello Escolar. Proxecto. Ata o 20 de outubro 2011


Curso para a intervención no alumnado con deficiencia auditiva (ata 15 de setembro).


Plan anual de formación do profesorado


Equipamento de centros: Reposición e renovación de equipamento e mobiliario, Catálogo xeral


Aprobación definitiva PLAMBE, DOG 13 de setembro.

VOLTA AO COLE

Ola a todos os nenos/as e familias da Escola de Rañó. O verán xa está chegando ao seu fin e a escola da comezo. O luns 12 de setembro reanúdanse as clases con horario reducido de 10:00 a 12:00, espérovos a todos e a todas cos brazos abertos.

INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS CURSO 2011/2012.

As actividades lectivas iniciaranse o vindeiro LUNS 12 DE SETEMBRO DE 2011. Durante dita xornada o horario escolar será de 10:00 h. a 12:00 h.


A partires do Martes 13 de Setembro o horario escolar será o habitual: de 9:00 h. a 14:h.


Aproveitamos para saudalos desde a Escola de Abuín e dar a benvida a este novo curso que comeza, así como lembrar que o VENRES 16 DE SETEMBRO é festivo local en Rianxo e, polo tanto, será xornada non lectiva.

Distribuir contido