2011-2012

ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. GUÍA PARA PAIS E NAIS

INCLUIMOS AQUÍ UN ARQUIVO SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE MOI ACONSELLABLE PARA LER E POÑER EN PRÁCTICA.

DESDE HOXE MESMO.

Rianxo Divulga

O MÉRCORES 18 FOMOS CONVIDADOS POR O PROGRAMA RIANXO DIVULGA A COÑECER OS SEGREDOS

QUE AGOCHA A RÍA. OS DESCUBRIMOS E TAMÉN NOS DESCUBRIRON A NOS, XA QUE INCLUSO

SAÍMOS NO XORNAL !!!

QUEREDES VERNOS E ACOMPAÑARNOS NESTE PEQUENO PERCORRIDO ?


VISUALIZAMOS AS DIFERENTES EMBARCACIÓNS NO PEIRAO.

NA LONXA PESÁMONOS NA BÁSCULA TODOS/AS XUNTOS.

ESCOITAMOS MOI ATENTOS AS EXPLICACIÓNS DA MARISCADORA QUE 

NOS ENSINOU OS SEUS APARELLOS DE PESTA E A SÚA VESTIMENTA.

NA CETÁREA COÑECEMOS A ANA QUE NOS ENSINOU DIFERENTES

 MOLUSCOS E CRUSTÁCEOS, COMO A AMEIXA DA RÍA "A BABOSA".

CAMIÑANDO, CAMIÑANDO CHEGAMOS AO MUSEO DO MAR ONDE 

DESCUBRIMOS O ESQUELETO DUNHA BARCA PESQUEIRA.

A VISITA REMATOU NA AULA ACTIVA DO MAR ONDE OS NENOS/AS 

PUIDÉRONSE AGOCHAR DETRÁS DUNHA GRAN VELA MARIÑA.

Samuel Marales invítanos a súa casa !

 

SAMUEL INVÍTANOS A SÚA CASA !

SAMUEL MORALES CONTOULLE Á PROFE MARTA MOITAS COUSIÑAS SOBRE A

SÚA CASA E OS NENOS E AS NENAS DE 5 ANOS AXUDÁRONLLE A ESCRIBILAS NO ENCERADO.

OS REIS MAGOS TAMÉN VIÑERON A PAZO

OS REIS MAGOS ANTES DE VOLVER DE NOVO A ORIENTE

PARA DESCANSAR LOGO DUNHA NOITE DE MOITA TAREFA,

PASARON POLA ESCOLA DE PAZO E,... MIRADE O QUE NOS TROUXERON!!!

CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE ESO QUERE DICIR QUE SOMOS BASTANTE BOSGuiño

SEGUIREMOS ASÍ!

  

 

MOITAS GRAZAS, REIS MAGOS!!!

RESULTADOS CUESTIONARIO

VELAQUÍ OS RESULTADOS DO CUESTIONARIO PASADO ÁS FAMILIAS SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA HABITUAL:

SERÍA BO QUE REFLEXIONÁRAMOS UN POUCO SOBRE O TEMPO QUE NOS ADICAMOS A NÓS MESMOS, A COIDARNOS E MANTER O NOSO CORPO E A NOSA SAÚDE.

                 MOITO ÁNIMO, SAÚDE E DEPORTE PARA TODOS!

RIANXO DIVULGA

O mércores 18 as escolas do C.R.A. desprazáronse ata a vila rianxeiro para participar en "Rianxo divulga" , proxecto de divulgación do sector pesqueiro que pretende dar a coñecer as labores diarias da xente do mar e os recursos que o medio mariño nos ofrece.
O proxecto "Rianxo divulga" aproveita os valiosos recursos que presenta Rianxo en temática mariña.

Ver a nova en

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE PAZO (infantil)

ESCOLA DE CRUCEIRO

KIWIS

ESTA SEMANA PROBAREMOS OS KIWIS:

  FROITOS    FROITOS NA ÁRBORE FLOR DO KIWI

  MEDIO FROITO

O KIWI É ORIXINARIO DAS LADEIRAS DO HIMALAIA (SUR DE CHINA) A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX FOI INTRODUCIDO EN NUEVA ZELANDA E DALÍ PASOU A COMERCIALIZARSE EN TODO O MUNDO.

TEN MÁIS VITAMINA C QUE A LARANXA, ADEMÁIS APORTA LUTEÍNA (UN COMPOSTO FITOQUÍMICO), COBRE, POTASIO, MAGNESIO E VITAMINA E. CONTÉN TAMÉN MOITA FIBRA. POR TODO ISTO REDUCE O RISCO DE CÁNCER E DE ENFERMEDADES CARDÍACAS.

AQUÍ EN GALICIA DASE MOI BEN, NA HORTA DE JOSE HAI UN MONTÓN. PROBÁMOLOS?


ESQUEMA CORPORAL

DESPOIS DE TRABALLALO AO LONGO DO 1º TRIMESTRE, ASÍ É COMO OS ALUMNOS/AS DO CRA VEMOS O NOSO CORPO:

                               

 

 

 

                               

 

 

                                   

Distribuir contido