Rede de Centros Escolares Solidarios

ANDA

Hoxe luns 13 de xaneiro veu ao noso cole Alberto Díez, presidente de ANDA (Asociación Nacional pola Defensa dos Animais) para ofrecernos unha charla ao alumnado do 3º ciclo de Primaria sobre o coidado dos animais.  Falounos sobre as diferenzas entre animais salvaxes e domésticos, dos problemas de ter animais exóticos como mascotas e dos perigos que as especies invasoras poden presentar para a natureza.

Falounos tamén sobre as necesidades dos cans como animais de compañía e sobre os coidados que requiren.

Explicounos a regra do A, E, I , lembrades?

Adoptar, Esterilizar, Identificar.

E deixounos claro que, ante calquera dúbida, o mellor é non ter mascota.

Mirade un par de fotos feitas en distintos momentos da sesión.

   

TAMÉN SOLIDARIOS CO MEDIO AMBIENTE!!!

Nas manualidades feitas neste primeiro trimestre foron utilizados materiais diferentes pero que tiñan algo en común: todos eran de refugallo!!

As árbores de Nadal foron feitas coas estruturas do ano anterior (recordamos que estaban construídas coa estrutura interior de dúas persianas vellas e, a modo de ramas, tiñan variñas de paraugas vellos) que se modificaron cubríndoas con plástico de burbullas das embalaxes e foron decoradas con restos de papel de prata aproveitado de bolsas de embalar doadas polo Centro de Transfusións de Galicia, cintas de arquivadores que ían ser reciclados e algunha que outra bombilla fundida.....

Os adornos que fixeron os alumnos foron confeccionados con calcetíns vellos e decorados con moita graza como se pode observar....

                          

 

........e outros que por razóns de espazo tiveron que ir na parte inferior doutra árbore......

 

                                                                                                   

Tamén o alumnado de 4º de PDC confeccionou algunhas manualidades para seren vendidas no mercadiño solidario que farán os voluntarios do refuxio nos días previos ao nadal.

                               

 

FAMILIAS SOLIDARIAS

A recollida de enseres e medicamentos para a canceira foi exitosa. O alumnado e as familias colaboraron traendo enseres de todo tipo como comedeiros e mantas (incluso pienso) e, moi importante, os  medicamentos sobrantes nas casas. Tamén material estéril como gasas, xeringas, antisépticos....

Un grupo de alumnos de 4º de ESO foi o encargado de cargar as bolsas e caixas que serán entregadas aos voluntarios da canceira.

 

EXPOSICIÓN SOBRE MALTRATO ANIMAL

Continuando co tema sobre o maltrato animal, os alumnos de 4º de ESO fixeron unha exposición co material aportado pola asociación ANDA (Asociación  Nacional para la Defensa  de los Animales) e material recadado polo alumnado a través de internet. Esta mesma asociación estará no noso centro o 13 de xaneiro para impartir unha charla sobre o maltrato aos animais. A charla estará dirixida a 6º de Primaria e todos os cursos da ESO e, previamente, as profesoras de Tecnoloxía e Ciencias naturais faran un traballo didáctico co alumnado de ESO e, en Primaria, cada titor encargarase de que os seus alumnos visiten a exposición e reciban a información correspondente a cada curso.

As fotos relacionadas son as seguintes:

                    

           

                 Tamén en inglés...

             

               Un grupo de 3º de ESO visitando a exposición.....

O NOME DA NOSA GATIÑA................

 Chamáronlle MIKI e desfruta correndo saltando por todos os rincóns da casa.

NORABOA MIKI, DESEXÁMOSCHE UNHA VIDA LONGA E FELIZ!!!!!!

A BOA ACCIÓN DO DÍA

 

A nosa amiga apareceu no medio da estrada e corría o risco de ser atropelada por un coche así que  decidimos acollela e realizar unha boa acción. Pasou a mañán no despacho de Orientación (atendida cariñosamente por Leticia, a nosa orientadora neste momento) e foi alimentada con xamón e biscoito. Tamén lle proporcionamos auga fresca e unha camiña na que durmir preto do radiador.  Finalmente será acollida pola familia  dunhas das nosas alumnas.

Estaremos ao tanto do nome que recibirá e de como crece.......

SEGUIMOS SENDO SOLIDARIOS!!!!!

     

 

REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

Un ano máis  participamos no Programa Rede de Centros Escolares Solidarios continuando  a labor comezada o curso pasado polo que colaboraremos coa canceira municipal de Santiago de Compostela  " O Refuxio de Bando", coa asociación ANDA (Asociación Nacional para la Defensa de los Animales) e a Coordinadora de Protectoras da Provincia de Pontevedra,  recibindo charlas sobre maltarto animal (ás que as familias están convidadas e cuxas datas serán publicadas na nosa web) e recollendo obxectos de segunda man e manualidades feitas polos propios alumnos que serán vendidos polos voluntarios das canceiras en diferentes mercadiños solidarios coa idea de recadar cartos para o mantemento dos cans e gatos dos refuxios. Tamén colaboraremos recollendo obxectos e enseres vellos ( mantas, toallas, útiles caninos e "gatunos" como correas, pienso, comedeiros.....) e medicamentos que os encargados da canceira utilizarán para ofrecerlles unhas mellores condicións aos animaliños alí refuxiados.

Aquí tedes o listado de medicamentos de humanos que recollemos para os cans e gatos do refuxio:

 IMPORTANTE!!!!!!!. Aqueles que teñades nenos pequenos traede os medicamentos vós mesmos ou mandadeos por algún alumno dun curso superior!!!!

 

LISTADO MEDICAMENTOS UTILIZADOS

FUNDACIÓN REFUXIO ANIMAIS

 

ANTIMICROBIANOS- ANTIFÚNGICOS-ANTRIPROTOZOARIOS

 

Amoxicilina- Ac.clavulánico: inyectable,comprimidos y suspensión,

Ciprofloxacino

Metronidazol: inyectable, comprimidos y suspensión

Doxiciclina: comprimidos y suspensión

Metronidazol-espiramicina: Rhodogil

Clindamicina

Cefalexina

Trimetroprim/sulfonamida

Griseofulvina 125 mg, comprimidos, suspensión

Ketokonazol. Comprimidos, suspensión

 

ANTINFLAMATORIOS

 

Meloxicam

Ac. Acetil salicílico 100 y 300 mg compr.

Depomoderín

Prednisona:5, 10,30 mg

Urbasón

 

ANTIPARASITARIOS

 

Mebendazol suspensión, comprimidos

Pamoato pyrantel: suspensión, comprimidos

 

DIGESTIVOS

 

Metoclopramida: inyectable, suspensión

Sucralfato suspensión, comprimidos

Omeprazol

Cimetidina

Domperidona

Ranitidina: inyectable, suspensión

Salazopiryna

 

      SUSTANCIAS ANTISÉPTICAS

 

Clorhexidrina solución y jabonosa

Povidona iodada: solución y jabonosa

Alcohol                                                    

Agua oxigenada

 

OFTÁLMOLÓGICOS

 

Cloramfenicol: ungüento, gotas

Gentamicina: ungüento, gotas

Cloramfenicol-dexametasona:ungüento, gotas

Eritromicina: ungüento

Terramicina: ungüento

SUEROS

 

Glucosalino 2,5%

Glucosado 5%

Ringer lactato

Suero fisiológico

INYECTABLE

 

Agujas hipodérmicas. Insulina, amarillas y azules

Palomillas: azules

Bránulas con alas. Amarillas y azules

Equipos de gotero

Jeringas.2, 5 y 10 ml

 

9- APÓSITOS Y VENDAJES

 

Gasas estériles y no estériles

Vendas elásticas                   

Algodón

Esparadrapo

Paños de Campo quirúrgico

 

MATERIAL QUIRÓFANO

 

Suturas absorbibles : 2-0 y 3-0

Guantes estériles 7                

Guantes no estériles

Empapadores

 

VARIOS

 

Atropina inyectable

Efortil inyectable

Condroprotectores orales

Compejos vitamínicos

 

 

 

 GRAZAS POR SER SOLIDARIOS!!!!

 

LECTURAS RELACIONADAS

Formando parte do programa de Rede de Centros Solidarios e en colaboración co programa da  biblioteca do centro que xestiona o profesor Xiao Somoza, as lecturas da hora de ler de 2º de ESO estiveron relacionadas nesta primeira etapa do trimestre co tema que nos ocupa: o maltrato animal e a defensa do hábitat natural das especies que conviven co ser humano. Por todo esto leuse o libro da autora Jean C. George titulado " Julie y los lobos" baseado nos seus estudos sobre os lobos da tundra  no Centro de Investigacións Árticas de Barrow, Alaska. Este libro obtivo a medalla Newbery en 1973 e inspirou a película rodada nestes escenarios naturais.

Tamén se fixo un pequeno traballo de procura de información sobre as especies animais que aparecen no libro e un visionado dun documental sobre Alaska ( "Alaska espíritu salvaje" ).

                                                                                                                                                   Jean C. George   

   

Otra das lecturas realizadas foron varios contos de Horacio Quiroga do  libro "Cuentos de la Selva" e a posterior procura de información sobre as especies animais e vexetais que das que se fala no mesmo, así como a localización nun mapa dos lugares nomeados no libra. Os alumnos escribiron contos nos que as personaxes son os animais que aparecen nas diferentes historias.

                                                                                                      

 

 

EL TATÚ HAMBRIENTO

Iria Doval Rial

Había una vez un pequeño tatú que tenía mucha hambre. En una ocasión vio un maracuyá en un árbol, pero no podía alcanzarlo. De repente vio a un coatí allí cerca:

-Señor Coatí, ¿puede pasarme ese maracuyá que tengo mucha hambre?

- Sí, pero antes dile a la yarará que no me pique, de lo contrario moriré

El pequeño tatú fue a junto de la serpiente:

- Señora Yarará, ¿puede no picarle al coatí para que me pase la fruta que tengo mucha hambre?

- Si antes me traes muerta a la mangosta que mató a mi hermana

El tatú fue a junto de la mangosta:

- Señora Mangosta, ¿puede morir para que la yarará no pique al coatí y éste me dé el maracuyá?

- Sí, pero tiene que matarme el yacaré, al que prometí algo que luego no cumplí

El tatú fue a junto del yacaré:

- Señor Yacaré, ¿puede matar a la mangosta para llevársela  a la yarará para que no pique al coatí para que éste me dé el maracuyá?

- Sí, pero tienes que decirle al surubí que se deje comer por mí y así poder saciar mi hambre

El pequeño tatú habló con el surubí:

- Señor Surubí, ¿puede dejarse comer por el yacaré para que por fin yo pueda comer?

El surubí aceptó y, cuando por fin el coatí le dio la fruta al pequeño y hambriento tatú, éste descubrió que el maracuyá estaba verde.

 

 



 

4 DE OUTUBRO DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

Para conmemorar este día os alumnos de 4º de ESO PDC fixeron unha pequena exposición sobre o maltrato animal e recolleron sinaturas entre os seus compañeiros de secundaria e de primaria.

 

Powered by Drupal - Design by artinet