TAMÉN SOLIDARIOS CO MEDIO AMBIENTE!!!

Nas manualidades feitas neste primeiro trimestre foron utilizados materiais diferentes pero que tiñan algo en común: todos eran de refugallo!!

As árbores de Nadal foron feitas coas estruturas do ano anterior (recordamos que estaban construídas coa estrutura interior de dúas persianas vellas e, a modo de ramas, tiñan variñas de paraugas vellos) que se modificaron cubríndoas con plástico de burbullas das embalaxes e foron decoradas con restos de papel de prata aproveitado de bolsas de embalar doadas polo Centro de Transfusións de Galicia, cintas de arquivadores que ían ser reciclados e algunha que outra bombilla fundida.....

Os adornos que fixeron os alumnos foron confeccionados con calcetíns vellos e decorados con moita graza como se pode observar....

                          

 

........e outros que por razóns de espazo tiveron que ir na parte inferior doutra árbore......

 

                                                                                                   

Tamén o alumnado de 4º de PDC confeccionou algunhas manualidades para seren vendidas no mercadiño solidario que farán os voluntarios do refuxio nos días previos ao nadal.

                               

 

Powered by Drupal - Design by artinet