A BOA ACCIÓN DO DÍA

 

A nosa amiga apareceu no medio da estrada e corría o risco de ser atropelada por un coche así que  decidimos acollela e realizar unha boa acción. Pasou a mañán no despacho de Orientación (atendida cariñosamente por Leticia, a nosa orientadora neste momento) e foi alimentada con xamón e biscoito. Tamén lle proporcionamos auga fresca e unha camiña na que durmir preto do radiador.  Finalmente será acollida pola familia  dunhas das nosas alumnas.

Estaremos ao tanto do nome que recibirá e de como crece.......

SEGUIMOS SENDO SOLIDARIOS!!!!!

     

 

Powered by Drupal - Design by artinet