PROBAS PARA OBTECCIÓN DO GRADUADO
Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización no ano 2019
DEGUSTACIÓN DAS VERDURAS DO NOSO HORTO
Como tiñamos prometido, aquí van as fotos da nosa degustación de produtos do horto. Entre todos lavamos, cortamos, mesturamos, batemos, decoramos e presentamos os ingredientes dos que dispoñiamos.
E aquí temos unha foto do equipo ao completo. Fixemos un bo labor, unha merenda rica, san e con fundamento.
Seguiremos cultivando na horta para poder disfrutar de máis xornadas coma esta.
NADAL 2018-2019
O venres 21 de decembro celebramos o festival de Nadal. Presentado por Nerea e Borja, deleitounos con panxoliñas, espectáculo de mimo, flauta e pandeiretas. Tamén música máis "roqueira" da man do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO. Non podía faltar o tradicional "Petit Papa Noel" en francés e "I wish you a Merry Christmas" in English.
Tamén se realizaron actividades navideñas de elaboración de menús típicos destas datas. O curso encargado desta bonita tarefa foi 4º de primaria.
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS E PELÍCULAS PARA O NADAL
No enlace podedes consultar as nosas recomendacións de libros e películas para desfrutar neste Nadal.
NON SON XOGUETES!
O HORTO NO INVERNO
Mirade como loce o noso horto no inverno: as nabizas e cenorias a medrar, aínda que lentas, aí están termando do frío.
Coa axuda do alumnado da ESO os de terceiro experimentamos cun pequeno invernadoiro.
E mirade que bo aspecto presentan o repolo e coliflor. Temos que ir pensando nas receitas para degustalos!
SAÍDA DIDÁCTICA DE 3º e 4º DE PRIMARIA
O pasado mércores día 5 o alumnado de 3º e 4º de Primaria realizou unha saída ó auditorio de Abanca, en Santiago de Compostela, para gozar coa obra: “ El mágico planeta de los instrumentos insólitos”,onde nos recordaron a importancia da reutilización dos obxectos, da creatividade, de valorar as tradicións.
Antes de volver a subir ó autobús repuxemos forzas.
Despois visitamos o Museo de Historia Natural e estivemos moi atentos ás explicacións das mestras.
ALUMNADO DO CRA NO COLE
O pasado xoves o alumnado e profesorado do CRA de Dodro achegouse a visitar a nosa biblioteca. Compartimos con eles os diversos espazos cos que contamos e desfrutaron de varios obradoiros: contacontos, creación de marcapáxinas, poesía para nenas e nenos... Ademais, os nosos artistas de 2º de primaria representaron para eles un conto de medo! Foi un pracer comprobar como os máis pequenos o pasan así de ben nunha biblioteca.
CHARLA CON PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO
O alumnado de 4º da ESO clausurou as Xornadas de coordinadores de PFPP organizadas polo CAFI.
Na palestra ofrecida por Xiao Somoza, explicou como traballaba co alumnado a materia de música na ESO e o alumnado puxo en práctica a través da música ao vivo as explicacións do profesor.
Explicou tamén como traballaba de maneira conxunta con outros Departamentos (Plástica, Linguas e Biblioteca) e como o PFPP realizado no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón mellorou esta práctica na que se implementaron traballos por proxectos, desenvolvendo as competencias, o uso de rúbricas...
Tamén houbo participación do profesorado do centro nas xornadas levadas a cabo polo CAFI o día 6 de outubro en Santiago de Compostela nas que participou a xefa do departamneto de Tecnoloxía Ana Fernández que presentou maquetas de 2º, 3º e 4º de ESO e as campañas sobre maltrato animal que abarcan o traballo de varios profesores e profesoras do centro e o profesor de Música Xiao Somoza que deu unha charla sobre o traballo por proxectos e o proxecto de centro que o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón está a desenvolver dende hai varios cursos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »