NON SON XOGUETES!

 
 
 
 Aproveitando que se achega o nadal e con el os agasallos, en 6º de primaria, reflexionamos sobre o lema "Os animais non son xoguetes" visionando varios vídeos e curtas de concienciación sobre a seriedade, responsabilidade e involucración que implica ter animais.
 
 
Ademais, realizamos unha dinámica de lectura conxunta, estrenando un dos exemplares que chegaron novos ao centro para estares informados sobre os coidados e atencións que estes requiren ao longo das diferentes idades. Poderemos atopar estes exemplares na biblioteca do centro e na biblioteca para pais/nais e informarnos máis en profundidade.
 
 
 
 E lembremos, "nestas e noutras datas, non son xoguetes, nin antoxos pasaxeiros!
 

Powered by Drupal - Design by artinet