CHARLA CON PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO

O alumnado de 4º da ESO clausurou as Xornadas de coordinadores de PFPP organizadas polo CAFI.

 

Na palestra ofrecida por Xiao Somoza, explicou como traballaba co alumnado a materia de música na ESO e o alumnado puxo en práctica a través da música ao vivo as explicacións do profesor.

 

Explicou tamén como traballaba de maneira conxunta con outros Departamentos (Plástica, Linguas e Biblioteca) e como o PFPP realizado no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón mellorou esta práctica na que se implementaron traballos por proxectos, desenvolvendo as  competencias, o uso de rúbricas...

 

 GALERÍA DE FOTOS

 

Tamén houbo participación do profesorado do centro nas xornadas levadas a cabo polo CAFI o día 6 de outubro en Santiago de Compostela nas que participou a xefa do departamneto de Tecnoloxía Ana Fernández que presentou maquetas de 2º, 3º e 4º de ESO e as campañas sobre maltrato animal que abarcan o traballo de varios profesores e profesoras do centro e o profesor de Música Xiao Somoza que deu unha charla sobre o traballo por proxectos e o proxecto de centro que o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón está a desenvolver dende hai varios cursos.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet