OUTRO ÉXITO?

Agardaremos expectantes........

VISITA DO ALUMNADO DO CRA

Hoxe venres recibimos a visita do alumnado que se incorporará ao noso centro o curso que vén. Veu acompañado polos seus pais e nais (e nalgún caso algún avó/a) e visitaron as diferentes zonas do colexio. Xa na biblioteca, o alumnado de 2º de primaria deleitounos coa representación da obra de teatro " A voda da pulga" que tan ben representan os nosos pequenos. Por último, recibiron un agasallo que os alumnos e alumnas de 6º elaboraron para eles.

Estamos desexando telos aquí!!!! Benvidos pequechos!!!!

ROTEIRO POLA BRAÑA

Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, tod@s @s alumn@s de Primaria fixemos un roteiro pola Braña, acompañados polos axentes medioambientais, para ver na natureza todo o que aprendemos onte nas charlas impartidas no cole.

 

Polo camiño atopamos a Coco, o canciño de Bruno, que veu a saudarnos.

 

Tamén vimos as vacas da familia de Íker.

 

Beiras e Samuel aproveitaron para ensinarnos a diferenciar especies vexetais e contáronnos moitas curiosidades sobre cada unha.

 

Un descanso no camiño para repoñer forzas. E, xa despois, continuamos coa ruta vendo os carrizais ou canaveiras. Sodes capaces de distinguir cal é a especia autóctona?

Ao pouco chegamos ao "bosque encantado", no que continuamos vendo curiosidades das distintas especies. Ata vimos unha avispa enorme e fomos capaces de observala sen facerlle dano. Agora si que sabemos diferencialas das velutinas.

 

 

 

Desde o CPI de Dodro agradecemos enormemente a Beiras, Samuel e Tito a súa implicación nesta actividade. MOITÍSIMAS GRAZAS  aos tres.  Resultou unha experiencia enriquecedora. Quedamos para outra ocasión!

 

Velaquí un resumo do percorrido. 

GALERÍA DE FOTOS

CHARLAS SOBRE COIDADO MEDIOAMBIENTAL

Hoxe tivemos entre nós a Beiras, a Tito e a Samuel, tres axentes medioambientais que viñeron para falarnos da natureza. 

 

Trouxéronnos follas de diferentes árbores e arbustos da nosa contorna, para aprender a diferencialos e coidalos. Follas de loureiro, carballo, sanguiño, fiuncho, bieiteiro,... Explicáronnos que non debemos cortar nin arrancar herbas pois moitas delas serven como alimento ou refuxio para moitos animais.

Faláronnos tamén dos habitantes do río: lontras, lampreas, garzas,... e dos problemas que acarrean os vertidos, a contaminación e as especies invasoras tanto vexetais (herba da pampa, mimosa,...) como animais (visón, tartaruga,...). 

 

Puidemos escoitar o canto de aves en perigo de extinción como a escribenta das canaveiras, da que só quedan 1 ou 2 parellas en toda a braña.

Tamén nos falaron sobre o seu traballo como axentes medioambientais, que velan polo benestar animal, realizan repoboacións, controlan obras e vertidos ao río ou na súa contorna, manteñen o Centro de Recuperación de fauna silvestre,...

Precisamente deste centro proviña o miñato que ceibamos no noso patio, un exemplar que foi capturado no aeroporto e xa vai coa 3ª vez que se recolle e se solta de novo. Podedes velo no vídeo da galería, a ver se colle parella e se queda connosco aquí en Dodro!

 

 

Pero,sen dúbida, unha das tarefas máis importantes é o labor de concienciación de coidado da natureza, tanto nas escolas como a toda a poboción en xeral. Moitas grazas a estes tres axentes que nos acompañaron.

Mañá 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, se o tempo nolo permite, poremos  en práctica os seus consellos no roteiro que imos realizar polas Brañas de Dodro.

Xa vos contaremos!

GALERÍA DE FOTOS

VíDEO

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

  

Hoxe realizamos un simulacro de  evacuación no centro. Resultou bastante ben. Tivemos a sorte de contar con persoal do GES de Padrón que controlaron a nosa actuación e nos deron consellos ao recpesto. tamén contestaron ás cuestións e  dúbidas do profesorado e alumnado.

Agradecémoslles enormemente que nos acompañen e aconsellen nesta actividade!!!

 

VISITA A FESBA E ANA MUÑIZ

 

O alumnado de primaria realizou unha visita á empresa de confección de bolsos de Ana Muñiz e a Fesba, ambas situadas no cencello de Dodro.

A primeira é unha empresa que produce desde a materia prima que é a pel ata o resultado final. Alí puideron ver de primeira man os diferentes procesos como a elaboración de  cremalleiras, rebaixado a pel, confección de  troqueles, o proceso de grabado, as plantillas das pezas dos bolsos, e  os procesos de pegado, secado e  pintado.

Nesta empresa actualmente en expansión traballan máis de 60 persoas e faise con elevadas medidas de seguridade.

En Fesba recibíronos Marcelino e Montse que os acompañaron no percorrido pola fábrica onde viron  o proceso que segue o pulpo e o potón (calamar xigante) e explicáronlles que mercan esta materia prima en España, Portugal,

Marrocos e Mauritania. tamén procesan calamar que é traído de Perú e doutras partes do Océano Pacífico.

No laboratorio observaron as diferentes actuacións levadas a cabo  para verificar que os produtos son seguros e non estan contaminados e, polo tanto, son aptos para consumo humano . Tamén se analizan nesta empresa as materias primas e o produto terminado e se esteriliza mediante autoclave e mantense un  autocontrol para asegurar a calidade alimentaria

Outro dos procesoso que puderon ver foi o de desconxelado e os aditivos usados para abrandar.

A empresa procesa diariamente de 12000k de produto e exporta a 36 paises como EEUU, Bosnia, Francia e Italia.

En  Fesba ademais  agasalláronos  con un boli para cada un.

 

Ademais disto, tamén fixeron exercicio xa que foron camiñando polas brañas...un día expléndido e camiñata!

Gazas Fesba!! Grazas Ana Muñiz!!!. Foi unha saída sumamente interesante!!!

GALERÍA DE FOTOS

6º INTERPRETA

En 6º de EP preparamos unhas escenas graciosas, interpretando personaxes coñecidos e outros de colleita propia. 
Saíron á luz personaxes históricos, como non, personaxes de películas e ata personaxes locais, á par que aproveitamos para promocionar o valor da cultura do mel, aspecto destacable do concello de Dodro.
Por último, degustamos unha mostra do mesmo que Adela, unha compañeira trouxo da casa!
A orixinalidade, a creatividade e a interpretación son rasgos salientables deste grupo de mozas e mozos!
Grazas polo voso traballo!
Velaquí unha mostra da súa involucración!


KENPO

 Hoxe, mércores 22 de maio, tivemos connosco a Laura Guimarey e a Ricky, membros do clube KENPO VILAGARCÍA, que viñeron para presentarnos esta arte marcial. 

Laura comezou a practicar kenpo aos 12 anos despois de sentirse motivada ao ver pelis de pelexas. Debutou no campionato de España no 2009 no que conseguiu un bronce.Foi catro veces campiona de españa e este ano gañou o Campionato do Mundo celebrado en Guadalajara no mes de abril.

Explicáronnos que neste deporte aprendemos a golpear, pero o máis importante é aprender a defenderse. Velaquí distintos momentos ao longo da presentación.

 

 

Puidemos ver e tocar as medallas acadadas nos distintos campeonatos.

E tivemos ocasión de practicar un chisquiño.

 

O máis importante é que nos achegaron os valores que fomenta este deporte: constancia, respecto, disciplina, traballo en equipo, confianza nos compañeiros, e sobre todo, crer en nós mesmos e ser humildes, tanto no deporte como na vida.

 Aquí nos tendes nunhas fermosas fotos de grupo.

 

 

Agradecemos a Laura e Ricky a súa presencia no cole. Aprendemos moito e pasámolo moi ben con eles.

Podedes ver todas as fotos na GALERÍA

FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-2020

Aberto o prazo para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros de texto e material escolar  destinadas ao alumnado matriculado en  primaria,  en educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2019-20.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibro (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

 

 

Poden consultar a convocatoria nos enlaces:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

A DATA LÍMITE DE ENTREGA  É O DÍA 21 DE XUÑO E NON SE ADMITIRÁN  SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO.

 

 

GAÑADORES

 

Este ano o vídeo realizado polos departamentos de Música e Plástica, foi presentado ao Festival olloboi e Videoghit 2019 de Silleda. No primeiro non resultou gañador pero sí recibiu un premio no Festival de Silleda: Mellor edición de Vídeo, aínda que o mérito é de todos os participantes, queremos facer unha mención especial a Borja Dios de 4º de ESO que traballou as montaxes de xeito excepcional.

NORABOA BORJA!!!

NORABOA POFES E ALUMNADO!!!.

Seguide así, estades a facer un moi bo traballo ano tras ano!!!

Powered by Drupal - Design by artinet