KENPO

 Hoxe, mércores 22 de maio, tivemos connosco a Laura Guimarey e a Ricky, membros do clube KENPO VILAGARCÍA, que viñeron para presentarnos esta arte marcial. 

Laura comezou a practicar kenpo aos 12 anos despois de sentirse motivada ao ver pelis de pelexas. Debutou no campionato de España no 2009 no que conseguiu un bronce.Foi catro veces campiona de españa e este ano gañou o Campionato do Mundo celebrado en Guadalajara no mes de abril.

Explicáronnos que neste deporte aprendemos a golpear, pero o máis importante é aprender a defenderse. Velaquí distintos momentos ao longo da presentación.

 

 

Puidemos ver e tocar as medallas acadadas nos distintos campeonatos.

E tivemos ocasión de practicar un chisquiño.

 

O máis importante é que nos achegaron os valores que fomenta este deporte: constancia, respecto, disciplina, traballo en equipo, confianza nos compañeiros, e sobre todo, crer en nós mesmos e ser humildes, tanto no deporte como na vida.

 Aquí nos tendes nunhas fermosas fotos de grupo.

 

 

Agradecemos a Laura e Ricky a súa presencia no cole. Aprendemos moito e pasámolo moi ben con eles.

Podedes ver todas as fotos na GALERÍA

Powered by Drupal - Design by artinet