Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, tod@s @s alumn@s de Primaria fixemos un roteiro pola Braña, acompañados polos axentes medioambientais, para ver na natureza todo o que aprendemos onte nas charlas impartidas no cole.
Polo camiño atopamos a Coco, o canciño de Bruno, que veu a saudarnos.
Tamén vimos as vacas da familia de Íker.
Beiras e Samuel aproveitaron para ensinarnos a diferenciar especies vexetais e contáronnos moitas curiosidades sobre cada unha.
Un descanso no camiño para repoñer forzas. E, xa despois, continuamos coa ruta vendo os carrizais ou canaveiras. Sodes capaces de distinguir cal é a especia autóctona?
Ao pouco chegamos ao "bosque encantado", no que continuamos vendo curiosidades das distintas especies. Ata vimos unha avispa enorme e fomos capaces de observala sen facerlle dano. Agora si que sabemos diferencialas das velutinas.
Desde o CPI de Dodro agradecemos enormemente a Beiras, Samuel e Tito a súa implicación nesta actividade. MOITÍSIMAS GRAZAS aos tres. Resultou unha experiencia enriquecedora. Quedamos para outra ocasión!
Velaquí un resumo do percorrido.