Contratos-Programa

Contratos-Programa

Contos de Nadal

Hoxe martes, os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Primaria amenizaron o recreo contando historias de nadal que eles mesmos crearon a todo aquel que se achegou á biblioteca. Ademais, houbo unha deliciosa sorpresa. Ummm!

  

  Perdíchelo? Pois mañá repetimos! Esperámoste de 12:30 a 13:00 na biblioteca.

Semana da Ciencia

A semana pasada celebramos a "Semana da Ciencia" no noso centro. Desenvolvemos unha serie de sesións sobre a figura do científico destacando o papel da muller na ciencia, a importancia do traballo en equipo no eido da investigación, os materiais empregados habitualmente nun laboratorio e a execución de experimentos prácticos.

1. Biodiversidade mariña: A través de animais aínda vivos no noso planeta, coñecemos a historia do planeta Terra, como foi cambiando e formándose o mundo no que vivimos. Nas rías galegas podemos atopar representantes de todas as “familias” de animais e vexetais do mundo mariño.

2. A maxia da ciencia: É maxia? Non, é ciencia! Moitos dos trucos de ilusionismo, invisibilidade, etc., están baseados en fenomenos físicos, químicos, ópticos..., en definitiva, son fenómenos científicos.

3. O corpo humano e a súa química: Estamos rodeados por química, nós mesmos somos química. Como funciona o noso corpo? Que é iso do ADN? Onde está e que fai?

Aquí un pequeno resumo das actividades realizadas.

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Semana da Ciencia

Semana da Ciencia

28/05/2018 09:45
31/05/2018 14:45

Durante esta última semana do mes de maio, asistiremos á SEMANA DA CIENCIA no noso colexio. Levaranse a cabo apaixoantes experimentos científicos e outras experiencias: a biodiversidade mariña, a maxia da ciencia, o corpo humano e a súa química...  

E xa nos chegan as primeiras imaxes. Para ver máis fotos picade sobre a imaxe:

Convivindo

Bota a andar a liña da mellora da convivencia dentro dos Contratos Programa concedidos a este centro. O alumnado de educación infantil e o de 1º e 2º de primaria, asistiu este venres no salón de actos ao contacontos "O segredo de Flora" no que se traballaron conceptos como o da ira e o enfado. O alumnado de 3º e 4º de primaria visualizou fragmentos da película "Quero ser como Beckham" acerca dos roles e os estereotipos.

  

O vindeiro xoves tócalle o turno aos nenos/as de 5º e 6º. Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Mellora da Convivencia

Mellora da convivencia e promoción da igualdade

Outra xornada con actividades para a mellora da convivencia e promoción da igualdade, neste caso traballando "Roles e estereotipos de xénero". Foron catro sesións co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º respectivamente. Consistiu nunha sesión expositiva coa visualización e reflexión das desigualdades que se xeran entre sexos, a través do establecemento dos roles e estereotipos de xénero (publicidade, xogos, xoguetes, roupa...) e ademais a dinámica "A balanza", na que o alumnado tivo que situarse no lugar que cren que ocupan homes e mulleres ante determinadas situacións cotiás, co fin de fomentar a atención e pensamento crítico.