Actividades

Actividade interxeracional: costureiras

Coa chegada da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, tivemos unha visita moi especial no cole... Coñecedes a Uxía? A boneca protagonista da obra de Mª Victoria Moreno "A festa no faiado"? Pois con Uxía coñecemos o faiado da súa casa e todas aquelas "cousiñas" que nel estaban gardadas e que estaban relacionadas cun oficio moi tradicional: "AS COSTUREIRAS"

Coas personaxes desta obra, gato, rato, Teodosia e Uxía, percorremos unha chea de xogos que nos acercaron aínda máis a este oficio. Cal foi a nosa sorpresa cando, para rematar a xincana de xogos, a mesma Mª Victoria Moreno, nos adicou un diploma personalizado na nosa biblioteca.

Moitas grazas a todos os que fixestes posible esta actividade, disfrutamos moitísimo con todos vós.

  

  

Todas as fotos no seguinte álbum

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Actividade interxeracional: costureiras

Experiencias con mbots para as familias

Este martes tivo lugar a charla para familias sobre o programa "Introdución á Robótica na Educación Primaria" que se está a levar a cabo no noso centro. Ademais, o noso alumnado realizou varias prácticas de traballo cos mbots proporcionados pola Consellería. 

 

Comezaba falando do proxecto Fátima García, responsable do servizo de formación do profesorado da Consellería e nai dunha alumna do centro. Facíanos partícipes da estratexia edudixital 2020 e da necesidade de preparar ao alumnado nas disciplinas STEM (Science, Technology, Engineering and Maths). A continuación o profesor da Universidade da Coruña e creador de robots, Fran Bellas, achegábanos as diferentes opcións do mercado na robótica educativa e dirixía as prácticas do alumnado. Tamén resolvía as dúbidas de todos os alí presentes e aportaba recursos para traballar a programación e a robótica dende a casa como a web La hora del código.

  

Charla de robótica para familias

08/05/2018 16:30

O vindeiro martes 8 de maio ás 16:30, terá lugar no salón de actos do colexio unha charla informativa para as familias sobre a robótica na educación dos seus fillos/as. Esta, encádrase dentro do proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria "Introdución á Robótica Educativa na Educación Primaria", que nos foi concedido este curso. Contaremos coa presenza de Fran Bellas, profesor da Universidade da Coruña e creador de robots e Fátima García, responsable do servizo de Formación do Profesorado na Consellería de Educación. Neste encontro, o noso alumnado levará a cabo unha práctica de traballo con robots. 

     

 

2ª Charla da Garda Civil

O venres 9 de marzo, tivo lugar no salón de actos do noso centro outra das charlas que ofrece a Garda Civil dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". Nesta ocasión, a temática xirou arredor da violencia de xénero. Falamos de cuestións tan importantes como o respecto, a confianza, os celos... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.

1ª Charla da Garda Civil

Sabedes que é o "sexting", como usar as RRSS (redes sociais) con seguridade ou os perigos de internet? O alumnado de 5º e 6º de Primaria xa o sabe grazas á charla de Óscar, o garda civil que nos acompañou o pasado venres. 

Fíxonos reflexionar acerca do número de seguidores das RRSS que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva. 

E o próximo venres falaremos doutro tema de moito interese tamén como é a violencia de xénero.

Nadal Interactivo

Durante toda esta semana de Nadal viaxamos máxicamente ata "Laponia" para coñecer o cuarto de Papá Noel, co seu escritorio onde le as nosas cartas, coa súa cama, a súa cheminea, o seu trineo, os sacos de agasallos... Ademáis participamos en obradoiros de maquillaxe e peiteados de Nadal, asistimos a sesións de contacontos na biblioteca, obras de teatro e actuacións musicais no salón de actos.

    

Máis fotos de todas as actividades no seguinte álbum.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Nadal 2017

2ª Carreira de Mamás e Papás Noeles

Por segundo ano consecutivo, alumnado, profesorado e familias do noso centro participaron nunha carreira polas inmedicacións do colexio caracterizados con algunha prenda vermella ou adorno de Nadal.

A xornada, na que tamén houbo concertos de Nadal no salón de actos, estivo organizada por nais e pais do alumnado. Por quendas, o alumnado correu polo patio do colexio, pavillón Juanito Amigo e tamén no aparcadoiro exterior deste ao son de panxoliñas de Nadal. A saída e a meta estaban delimitadas por grandes bastóns de caramelo. Ao chegar á meta, cada participante recibiu un diploma e unha porción de pizza para recuperar folgos. Ummm! Que rica!

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Carreira de Mamá e Papá Noeles

O Nadal xa está aquí

15/12/2017 10:00

O venres comezaremos as actividades de Nadal con Concertos de Nadal para Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria no Salón de Actos, entrega de postais en Correos e coa tradicional carreira de Papá e Mamá Noeles polo entorno do colexio. 

O alumnado que queira pode traer algo relacionado coa festa: gorro ou barba de Papá Noel, unha prenda vermella...

E a próxima semana moitas actividades máis: Nadal Interactivo, representacións teatrais, actuacións musicais, recepción de Melgasar, obradoiros de maquillaxe e peiteado, mesas de Nadal con produtos típicos...

Mellora da convivencia e promoción da igualdade

Outra xornada con actividades para a mellora da convivencia e promoción da igualdade, neste caso traballando "Roles e estereotipos de xénero". Foron catro sesións co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º respectivamente. Consistiu nunha sesión expositiva coa visualización e reflexión das desigualdades que se xeran entre sexos, a través do establecemento dos roles e estereotipos de xénero (publicidade, xogos, xoguetes, roupa...) e ademais a dinámica "A balanza", na que o alumnado tivo que situarse no lugar que cren que ocupan homes e mulleres ante determinadas situacións cotiás, co fin de fomentar a atención e pensamento crítico.

 

SEGUNDA SESIÓN COA GARDA CIVIL

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla coa garda civil para o alumnado de 5º e 6º dentro do denominado "Plan Director para a mellora da seguridade nos centros". Esta vez o tema foi a VIOLENCIA DE XÉNERO.