COMEZO NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021

O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 10 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 3 e 4 ANOS) E O ALUMNADO DE 1º,2º E 3º DE PRIMARIA. 

O DÍA 11 COMEZARÁ O ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( 5 ANOS) E 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. 

 Esta organización do comezo do curso, está marcada dende a Consellería de Educación ( publicada o luns día 31 de agosto). Toda a información en canto o comezo de curso poden atopala aquí: Comezo de curso. 

Asemesmo, nos vindeiros días,  informaremos ás familias das novidades deste curso escolar e de todo o relativo o período de adaptación en infantil, e reunións de inicio de curso.  

Toda a información será publicada nesta web, na aplicación abalar ( alumnado antigo)  e a través de chamadas aos  números de teléfono facilitados na matrícula do alumnado.