Polo San Martiño... ademais de comezar o tempo da matanza "mata o teu porquiño", entramos no tempo de xogar a un dos xogos máis antigos, case tanto coma a humanidade. POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO. Trompos, buxainas, peonzas... pezas xeralmente de madeira, feitas para ser bailadas sobre todo no tempo de outono. Así nolo recorda o refraneiro, xógase entre novembro ata febreiro: “Polo San Martiño (11 de novembro), peóns ao camiño; Polo San Amaro (15 de xaneiro), peóns ao faiado". ÁNIMO NENOS E NENAS A XOGAR COAS BUXAINAS!