Esta semana estanse levando a cabo as II Xornadas de programación, robótica e impresión 3D; desenvolvendo así as liñas do Contrato Programa de "Mellora da competencia matemática e ciencia e tecnoloxía".
Onte, luns, tocoulle o turno aos de 3º e 5º de Primaria, que experimentaron coas posibilidades dos mBots.
Hoxe, martes, obradoiros de impresión 3D con 4º e 6º de Primaria.
E o xoves, máis sesións de programación de ozobots con 1º e 2º de Primaria.