WELCOME TO ST. GODRIC SCHOOL

Este curso temos a sorte de poder comunicarnos co colexio británico de St. Godric, en Durham. Xusto onde se di que empeza o Camiño Inglés, unha das rutas máis importantes de peregrinación a Santiago de Compostela. O CEIP de Sigüeiro polo remate do camiño, e o St. Godric onde arranca. Este powerpoint enviáronnolo eles para que coñezamos o seu cole. Está feito por un alumno que fala algo de español, porque eles non estudan o noso idioma, aprenden francés como lingua estranxeira. Dámoslle as grazas por mostrarnos o seu cole.