Onte, xoves 14 os grupos de 6º, e hoxe, venres 15 os grupos de 5º visitamos as instalacións do Aeródromo de Santiago de Compostela en Lavacolla.
Alí puidemos acceder ás cabinas dunhas avionetas do aeroclub e sentirnos pilotos por uns instantes. Tamén vimos como actúan os bombeiros do aeroporto en caso de incendio nunha aeronave. Algúns ata nos mollamos un pouquiño!
Por último, tras uns videos explicativos do exército do aire, sacamos unhas fotos diante do helicóptero que empregaba salvamento marítimo en Galicia.