Comezamos este curso con moita ilusión e ganas de traballar polos nosos nenos e nenas:
- COMEDOR ESCOLAR: 210 nenos/as comendo á vez, 32 deles non transportados! Menús variados e saudables elaborados con productos de primeira calidade na cociña do colexio.
- SECCIÓNS BILINGÜES: O alumnado de 1º nivel de Primaria terá a materia de Plástica en Inglés.
- WE SPEAK ENGLISH WITH NATIVE CHILDREN: O noso alumnado poderá comunicarse con nenos/as do colexio St. Godric de Durham (Reino Unido).
- FRANCÉS EN 6º: O alumnado de 6º terá a oportunidade de iniciarse nesta lingua que despois estudiará na ESO.
- "COOKMAT": Os nenos e nenas de 4º nivel reforzarán as matemáticas dentro do marco real da cociña e da alimentación durante unha hora á semana.
- TALLERES EN INFANTIL: Os máis cativos do cole poderán realizar divertidos e interesantes talleres: contos e teatro, plantas, fíos, matemáticas, pintura, xogos de mesa e ciencia.
- LECER LÚDICO: Dende a área de Educación Física promoverán xogos e deportes durante o recreo.
... e máis cousas que vos iremos contando!!!