Os Monicreques de Kukas

O pasado venres, 19 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse, xunto cos seus mestres, ata o Teatro Principal en Santiago de Compostela. Alí asistiron ao espectáculo Réquiem por un monicreque, representación do crime que sucedeu no teatro Scala de Milán ao finalizar o V acto da ópera Romeo e Xulieta. O traballo escénico amosa a dobre visión dunha mesma escena: dende o punto de vista do público e dende o backstage. Ao finalizar a mesma, o mestre Kukas e o seu equipo explicáronlles aos alí presentes o funcionamento das marionetas e o traballo e esforzo que supón levar a cabo unha representación coma esa. Tamén contestaron a todas as preguntas do noso alumnado.

  

Tras unha paradiña para merendar na Praza da Quintana e un pequeno paseo polas rúas da zona monumental compostelá, volveriamos ao colexio.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Monicreques Kukas