Plano do Camiño Inglés

Este venres o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu un agasallo moi interesante de parte do Concello de Oroso. Trátase dun plano do Camiño Inglés no seu transcurso polo noso termo municipal. Nel recóllense, ademais do trazado do camiño, os principais elementos do noso patrimonio que ao seu paso se poden observar. Para entregárllelo, estiveron o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, a concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro e o bibliotecario Manuel Pazos, responsable do deseño deste mapa coa colaboración de Xan Ferreiro.