VII Festa da Troita

Se esta fin de semana se celebraba en Sigüeiro a Festa da Troita, no colexio non quixemos deixar pasar a ocasión sen celebrar a nosa particular Festa da Troita co alumnado de infantil. E xa imos pola VII edición!

O día antes, o persoal altamente cualificado de "Eu Cociño, Ti Cociñas" preparaban as troitas para a tosta de troita que degustaríamos o venres. Troitas, nada máis e nada menos que para 97 comensais! Unha vez limpas, puxéronlle o pemento e o xamón.

O venres fritíronse en aceite ben quente e preparouse o pan.

Despois tocou degustalas. Estaban boísimas!

 

Pero a cousa non acabou aí. Tamén houbo a xa tradicional carreira pedestre con entrega de medallas. Os gañadores de cada nivel foron Claudia (3 anos), Héctor (4 anos) e Xosé (5 anos). E por se fora pouco, a nota musical puxérona as profes Asun á gaita e Patri á pandeireta, montando unha auténtica foliada

 

Pasámolo tan ben que xa comezamos a contar os días que faltan para a seguinte Festa da Troita. Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> VII Festa da Troita