Eduemprende: Visita ao CIFP Compostela

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria desprazouse ata o CIFP Compostela para asistir a unha charla didáctica sobre o emprendemento dentro do programa Atrévete de Eduemprende. Alí coñecemos a Suso, un empresario e emprendedor, fundador de Recambios Compostela, da Queixería O Brexeo e da Granxa-Escola "A Casa do Queixo".

Despois recorremos as instalacións do centro, onde nos explicaron os diferentes ciclos formativos que alí se poden cursar: química, carpintería, mecánica... e a algúns dos nosos alumnos/as gustáronlle tanto que xa quedaron con algún mestre de volver cando tiveran a idade para cursalos.

Podedes ver as fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Eduemprende: Visita ao CIFP Compostela