Saída ao MUNCYT

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou en autobús ata a cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), pero antes unha paradiña para merendar e estirar as pernas nunha das paraxes máis fermosas e cheas de historia e mitoloxía da nosa terra, a Torre de Hércules.

Despois visitamos o MUNCYT. Por grupos, tivemos que resolver diferentes cuestións buscando nos paneis de información de cada obxecto alí exposto. Foi moi divertido e aprendemos unha morea de cousas. Pero o que máis nos gustou foi entrar dentro da cabina do Boeing 747. Os asentos de primeira clase tiñan un teléfono e ata un televisor individuais! Algúns pensamos que de maiores nos gustaría ser pilotos! 

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Saída ao MUNCYT 5º e 6º