O pasado curso, mediante un programa da Universidade da Coruña o noso alumnado tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da robótica e da programación. Ver nova aquí.
A experiencia foi tan satisfactoria que este curso decidimos embarcarnos de cheo nesta disciplina solicitando o programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria". O noso centro resultou seleccionado, facilitándonos a Consellería 6 robots e 6 kits de construción, cos que o alumnado de 4º e 6º e tamén como iniciación para os de 5º, poderá desenvolver prácticas educativas no eido da programación básica, robótica e construción.
Hoxe foi a presentación de materiais de Robótica na Cidade da Cultura, á que asistiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, así como profesorado do noso centro e na que varios colexios amosaron o traballo realizado con estas ferramentas nas aulas.