Queredes coñecer outro deporte olímpico? Pois os nenos e nenas de 2º de Primaria fálanvos neste video sobre o tenis, un deporte que se disputou de xeito esporádico ao longo da historia dos Xogos Olímpicos. Aínda que formou parte do programa da primeira olimpiada moderna en Atenas 1896, posteriormente foi retirado e non sería ata Seúl 1988 cando se volveu reincorporar definitivamente. Non perdades detalle do que nos contan os compañeiros de 2º.