O 8 de marzo é unha data especial para as mulleres, por un día son as protagonistas. É un día de reivindicación e de recoñecemento da súa valía que tantas veces ao longo da historia e aínda hoxe pasa desapercibida. No DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, no noso colexio fixemos múltiples actividades para reflexionar sobre a igualdade e poñer en valor o traballo da muller. O noso desexo é que esta celebración non quede só nun día senón que se estenda a todo o ano.
MULLERES OLÍMPICAS e como non, entre elas a nosa ANA PELETEIRO!
Ademais de gravar pequenos vídeos sobre elas e o deporte no que destacan, plasmámolas neste mural.
"CONTOS PARA IGUAIS" e "QUE QUERES SER DE MAIOR?"
Dende o concello achegáronnos un Contacontos para os peques de 4 anos e un obradoiro para o alumnado de 3º. Sempre é bo que nos conviden a reflexionar e a observar a nosa historia e o noso entorno, para darnos conta de que a miúdo vemos como normais comportamentos que en realidade non o son tanto. Fixéronnos entender que debemos agradecer e valorar os logros que se acadaron ata o momento e por último debuxamos e falamos do que queremos ser de maiores.
"EDUCACIÓN EN VALORES, A IGUALDADE"
Dende a ONG "Mestura" achegáronnos para o alumnado de 4º un obradoiro moi interesante e divertido. Reflexionamos sobre certos comportamentos diarios, sobre unha serie de valores (fotaleza, valentía, intelixencia, amabilidade, sensibilidade, empatía...) e tamén falamos dos traballos que nos gustaría desempeñar de maiores.